Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/J. R. R. Tolkien
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
J. R. R. Tolkien editar
Votación PECHADA: aprobado
Período de votación: 9-7-2015 - 9-8-2015
SI: 10 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: aprobado |
- Proposto por: ☣Banjo tell me 9 de xullo de 2015 ás 11:35 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 09-07-2015 ata o 08-08-2015.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Traducido por Norrin e por mín mesmo dende a súa versión inglesa, onde é artigo de calidade. Completo e ben referenciado, abarca a vida, estilo literario, influencias e obra de Tolkien. Imaxes xustas, fai bo uso das poucas que hai dispoñibles en Commons. Proposto tamén para Artigo destacado--☣Banjo tell me 9 de xullo de 2015 ás 11:35 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --☣Banjo tell me 9 de xullo de 2015 ás 11:35 (UTC)[responder]
- Concordo --Norrin (Fálame) 14 de xullo de 2015 ás 09:57 (UTC)[responder]
- Concordo --MrCarlete (ven conversar) 14 de xullo de 2015 ás 14:40 (UTC)[responder]
- Concordo.--Breogan2008 (conversa) 16 de xullo de 2015 ás 08:52 (UTC)[responder]
- Concordo. --Chairego apc (conversa) 16 de xullo de 2015 ás 10:36 (UTC)[responder]
- Concordo.--Miguelferig (conversa) 16 de xullo de 2015 ás 11:38 (UTC)[responder]
- Concordo --Alberte Si, dígame? 26 de xullo de 2015 ás 08:48 (UTC)[responder]
- Concordo --Elisardojm (conversa) 29 de xullo de 2015 ás 10:43 (UTC)[responder]
- Concordo. --AMPERIO (conversa) 31 de xullo de 2015 ás 12:41 (UTC)[responder]
- Concordo, pero véxase comentario. Piquito (conversa) 2 de agosto de 2015 ás 20:14 (UTC)[responder]
# Concordo --Victortpr (conversa) 5 de xullo de 2015 ás 18ː11 (UTC)
- En contra
- Neutros
- Comentarios
- Comentario Voulle dar unha volta polo miúdo. A verdade e que sería unha boa cousa, é o meu escritor favorito :) Engadirei unha sección de premios e distincións. Saúdos! --Norrin (Fálame) 9 de xullo de 2015 ás 11:37 (UTC)[responder]
- Comentario Ao meu xuízo, conta con demasiadas ligazóns en vermello. Ese é o principal empezo para o tornar de calidade. --Atobar (conversa comigo) 9 de xullo de 2015 ás 11:56 (UTC)[responder]
- Respecto pero non comparto a opinión. O texto é texto, mentres a información que aporta sexa verificable e o artigo cumpla co resto de criterios definidos o feito de que teña vermellos non debería ser un inconveniente. Os vermellos deberían servir para que os editores se animen a crear o contido ao redor do propio artigo, para o lector debería ser indiferente en xeral. A propia interface móbil da Wikipedia non amosa as ligazóns en vermello, sendo como é unha interface orientada á lectura máis que á edición. Tamén se poden retirar aqueles que "sobren" ou non teñan previsión de converterse en artigos de seu, durante a tradución xa retirei bastantes deles que probablemente nunca cheguen a ser artigos aquí (localidades pequenas inglesas ou persoeiros de zonas locales, por exemplo). --☣Banjo tell me 9 de xullo de 2015 ás 12:23 (UTC)[responder]
- Eu tamén discordo. As ligazóns vermellas son boas pois animan e suxiren crear artigos, mais non lle restan nada ao artigo, que é o que se está a votar aquí: a calidade deste artigo, non a ausencia de 500 outros artigos. --Norrin (Fálame) 9 de xullo de 2015 ás 12:32 (UTC)[responder]
- Opino igual que os anteriores. Xa dera sobre isto a miña opinión algunha vez. As ligazóns en vermello non son un demérito do artigo, xa que se trata DOUTROS artigos, non dese que se está a xulgar. En todo caso, é demérito da galipedia se pos unha ligazón e está aínda sen facer (indica que a galipedia ten aínda poucos artigos), pero tamén son un aliciente para que outros editores (ou o mesmo editor do artigo en cuestión) as faga máis adiante. É mellor que estivesen todos en azul, naturalmente, pero iso é moitas veces imposible, porque pode ser un traballo inmenso e inabranguible. Unha cousa son os "artigos principais" e outra todos os vermellos do texto. Ademais, lembra que os novos artigos que fagas para eliminar vermellos , por ben ser, tamén terían, idealmente, que ser de calidade e ter todo en azul, co cal todo se multiplica exponencialmente. Ás veces mesmo ocorre que os artigos que hai que crear caen fóra do campo en que é experto o editor. Por exemplo, eu mesmo acabo de facer o artigo clípeo (dos insectos), e como despois me decatei que había un homónimo fixen tamén clípeo (escudo), que é unha páxina histórica da que eu non sei tanto e non te sentes igual de cómodo facéndoa. Polo momento, contribuín a reducir os vermellos neste artigo facendo a páxina do lagarto Smaug (xénero) (unha ligazón vermella menos) e intentarei facer algunha máis dos lagartos que se mencionan.--Miguelferig (conversa) 9 de xullo de 2015 ás 15:57 (UTC)[responder]
- Comentario. Dúas observacións:
- Persoalmente eliminaría a listaxe das obras e crearía un artigo principal, Tolkien non escribiu catro libros precisamente, eu son máis partidario de tratar no artigo a figura e trazos característicos da obra da personalidade que sexa e deixar outros artigos para as listas de obras, deste xeito non ocupan sitio innecesario na páxina e non dá lugar a engaño ver unha sección de obra na que non se falan das súas características, fálase das "obras" cunha mera listaxe.
- Por outra banda, creo que se podería crear un modelo para as obras como o da Wikipedia en inglés (deste xeito as obras están presentes pero sen ocupar) ao final do artigo. Mesmo este modelo podería incluir algún outro artigo sobre algún familiar destacado, biógrafos, casas museo... por exemplo.
Sobre as ligazóns en vermello, non teño moito máis que aportar do que xa dixeron Banjo, Norrin ou Miguelferig, creo que poñerse a crear todos os artigos é contraproducente. A miña experiencia persoal con artigos como Alzamento de Pascua o que me amosou foi que o único que se consigue ao facer o que plantexa Atobar é engrosar a lista de artigos en progreso, persoalmente penso que para crear un artigo que diga Fulano de tal, nado en tal o día x do ano z e finado en cual o día y do ano t, foi un profesional de tal campo de tal nacionalidade dá peor imaxe que non ter dito artigo (aínda que ás veces hai personalidades das que non hai moito máis que dicir). Dito isto, pediría a Atobar que se replantexase votar o artigo atendendo ao que realmente importa, o artigo, deixando a un lado o vermello ou o azul (que son cores ambas ben bonitas), máis aínda tendo en conta que non é un criterio a ter en conta na escolla dos artigos de calidade. Os artigos non teñen culpa de que a Galipedia sexa unha enciclopedia pequena, ou de que haxa temas que ata agora non se trataron moito, os artigos están ben ou están peor por si mesmos, non polas ligazóns internas que teñan ou deixen de ter. Piquito (conversa) 9 de xullo de 2015 ás 23:42 (UTC)[responder]
- Comentario Separar a listaxe de obras do artigo principal engade un paso adicional para o lector que busca esa información, ao meu parecer innecesario agás que se faga por motivos de extensión. A obra de Tolkien é extensa pero tampouco excesiva, o formato en dúas columnas axuda a aforrar espazo. As obra principais (ou as máiss coñecidas dito doutra forma) xa están comentadas na sección "principais publicacións". ☣Banjo tell me 10 de xullo de 2015 ás 07:31 (UTC)[responder]
- Banjo, é certo que engade un paso, pero tampouco é tanto... O artigo pode facerse engadindo máis do que hai agora, por exemplo: data na que o escribiu, data da primeira publicación, editorial que imprimiu primeiro o libro, se hai versión en galego e o ano da primeira edición en galego... Tampouco creo que sexa un imprescindible, e non vou votar en contra porque non se faga, pero na miña opinión podería estar ben. Piquito (conversa) 10 de xullo de 2015 ás 19:46 (UTC)[responder]
- Comentario Separar a listaxe de obras do artigo principal engade un paso adicional para o lector que busca esa información, ao meu parecer innecesario agás que se faga por motivos de extensión. A obra de Tolkien é extensa pero tampouco excesiva, o formato en dúas columnas axuda a aforrar espazo. As obra principais (ou as máiss coñecidas dito doutra forma) xa están comentadas na sección "principais publicacións". ☣Banjo tell me 10 de xullo de 2015 ás 07:31 (UTC)[responder]
- Comentario Piquito, eu non propoño nada; dígocho por o único que se consigue ao facer o que plantexa Atobar é engrosar a lista de artigos en progreso (sic). A min gústame que os artigos de calidade leven moita información complementaria, algo que tamén está nas ligazóns internas, xaora. Non ten maior ciencia ca esa. E como o voto é libre, polo momento non o vexo para artigo de calidade. En todo caso, manda a maioría, así que se sae, eu encantado. Era un comentario moi menor. --Atobar (conversa comigo) 10 de xullo de 2015 ás 18:56 (UTC)[responder]
- Comentario Atopei un par de sitios, non revisei se hai máis, nos que faltan os textos orixinais en inglés das citas, habería que engadilos. Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de xullo de 2015 ás 09:34 (UTC)[responder]
- Feito! ☣Banjo tell me 21 de xullo de 2015 ás 09:59 (UTC)[responder]
- Grazas! Saúdos, Elisardojm (conversa) 21 de xullo de 2015 ás 10:29 (UTC)[responder]
- Feito! ☣Banjo tell me 21 de xullo de 2015 ás 09:59 (UTC)[responder]
- Comentario Non mirei cando foi traducido o groso do artigo pero estou vendo que no artigo en inglés hai bastantes cousas engadidas, quizais habería que facer un repaso para achegar as partes que faltan. Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de xullo de 2015 ás 08:36 (UTC)[responder]
- Visión, influencias e legado están algo resumidas/acotadas nalgúns puntos. Na sección publicacións só trouxen as relacionadas coa Terra Media. ☣Banjo tell me 27 de xullo de 2015 ás 08:46 (UTC)[responder]
- Pois penso que estaría ben traer o resto de información das súas obras, para que non se pense que é un escritor monotemático... Saúdos, Elisardojm (conversa) 27 de xullo de 2015 ás 09:05 (UTC)[responder]
- Engadido Beowulf, contos infantís e The Fall of Arthur. ☣Banjo tell me 28 de xullo de 2015 ás 09:32 (UTC)[responder]
- Xenial! :) Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de xullo de 2015 ás 09:49 (UTC)[responder]
- Visión, influencias e legado están algo resumidas/acotadas nalgúns puntos. Na sección publicacións só trouxen as relacionadas coa Terra Media. ☣Banjo tell me 27 de xullo de 2015 ás 08:46 (UTC)[responder]
- Comentario. Revisei a ortografía, creo que o que revisei está ben, pero estaría ben outra revisión sobre o que fixen eu e do artigo en xeral. Sobre a lingua, teño serias dúbidas de que as formas que aparecen constantemente "dO Hobbit e dO Señor dos Aneis" sexan correctas. Por outra banda creo que se podería referenciar algunha cousa máis na sección de "Linguas construídas". De todos xeitos, en liñas xerais é un gran artigo. Piquito (conversa) 2 de agosto de 2015 ás 20:14 (UTC)[responder]
- Engadidas 2 referencias a maiores na sección linguas construídas, para os dous parágrafos que non a tiñan. Para o do apóstrofo antes dos títulos, Normativa oficial do galego - O apóstrofo. ☣Banjo tell me 2 de agosto de 2015 ás 21:13 (UTC)[responder]