Wikipedia:Artigos de calidade/Propostas/Cesio
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Aprobada
Período de votación: 26-1-2016 - 25-2-2016
SI: 10 — NON: 0 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Aprobada |
- Proposto por: ☣Banjo tell me 26 de xaneiro de 2016 ás 13:24 (UTC)[responder]
- Período de votación: dende o 26-01-2016 ata o 25-02-2016.
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Traducido e adaptado do correspondiente na wiki inglesa. Completo e ben referenciado, coido que cumpre tódolos criterios. O que sí pode necesitar é un pequeno repaso de ortografía, sempre se me escapa algunha por aí. --☣Banjo tell me 26 de xaneiro de 2016 ás 13:24 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --☣Banjo tell me 26 de xaneiro de 2016 ás 13:24 (UTC)[responder]
- Concordo.XoioÉche o que hai 27 de xaneiro de 2016 ás 16:00 (UTC)[responder]
- Concordo.--Brathxa (conversa) 27 de xaneiro de 2016 ás 18:48 (UTC)[responder]
- Concordo--Miguelferig (conversa) 28 de xaneiro de 2016 ás 19:05 (UTC)[responder]
- Concordo.--Breogan2008 (conversa) 28 de xaneiro de 2016 ás 19:09 (UTC)[responder]
- Concordo. --Chairego apc (conversa) 29 de xaneiro de 2016 ás 13:37 (UTC)[responder]
- Concordo --. HombreDHojalata.conversa 3 de febreiro de 2016 ás 21:59 (UTC)[responder]
- Concordo. --Gobraves (conversa) 6 de febreiro de 2016 ás 00:44 (UTC)[responder]
- Concordo. --Alberte Si, dígame? 13 de febreiro de 2016 ás 11:55 (UTC)[responder]
- Concordo, aínda que eu traduciría a cita en latín que comentei antes. Para acabar de redondear o artigo penso que se podería traducir a ilustración da sección "outros usos", e mudar todos os "file", "thumb", etc das imaxes, que é a única que non está traducida. Finalmente eu engadiría unha sección de "bibliografía" cos libros máis empregados no artigo para que haxa algún libro máis accesible ao lector sen ter que buscar entre as referencias. Con todo iso son pequenos detalles que non quitan mérito a un bo artigo como este. --Piquito (conversa) 22 de febreiro de 2016 ás 18:12 (UTC)[responder]
- En contra
- Neutros
- Comentarios
- Comentario. Creo que unha sección de "Bibliografía" non está mal nun artigo de calidade, a ben seguro que hai libros, nas Wikipedias en italiano e alemán, por exemplo, teñen algún libro. Non se precisan centos, pero algún creo que estaría ben poñer. --Piquito (conversa) 26 de xaneiro de 2016 ás 15:03 (UTC)[responder]
- Hai un total de 42 libros empregados como referencias. A sección bibliografía ten o propósito de indicar que libros se empregaron como referencias xerais para o artigo, ou se hai múltiples referencias en formato curto para distintas páxinas dun mesmo libro. Neste artigo as referencias aos libros indícanse de forma particular en cada caso. ☣Banjo tell me 26 de xaneiro de 2016 ás 15:22 (UTC)[responder]
- Home, a sección bibliografía tamén pode amosar lecturas complementarias, non só as referencias xerais do artigo. Non ter bibliografía non ten por que restar puntos na votación, pero si que suma. Creo que indicar lecturas complementarias sempre é positivo para que o lector poida ampliar coñecementos. Un saudo, --Piquito (conversa) 26 de xaneiro de 2016 ás 15:34 (UTC)[responder]
- Hai un total de 42 libros empregados como referencias. A sección bibliografía ten o propósito de indicar que libros se empregaron como referencias xerais para o artigo, ou se hai múltiples referencias en formato curto para distintas páxinas dun mesmo libro. Neste artigo as referencias aos libros indícanse de forma particular en cada caso. ☣Banjo tell me 26 de xaneiro de 2016 ás 15:22 (UTC)[responder]
- Comentario Coincido con Piquito, aínda que haxa un cento de referencias, a sección de bibliografía é importante nun artigo de calidade, poden engadirse os libros máis usados nas referencias, para que se vexa que son unha boa fonte do artigo, pero tamén é importante engadir outras fontes que amplíen os contidos que non están no artigo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de xaneiro de 2016 ás 09:28 (UTC)[responder]
- Reiterando que non é un criterio, qué libros engadimos? Baixo qué criterio os incluímos ou non? Cómo os diferenciamos das referencias bibliográficas empregadas no propio artigo? Se eu decido incluír un libro como bibliografía, estouno incluíndo porque realmente está aceptado como referente nese campo ou é baixo o meu criterio propio (e polo tanto, actúo como fonte primaria)? No momento en que teñamos un uso de estilo que faga distinción clara entre referencias e material adicional e uns criterios para definir qué incluír ou non nese material adicional estarei encantado de engadilo a este e a calquera outro artigo. Ata entón estaremos actuando como fonte primaria, escollendo cada un segundo lle pareza, e confundindo conceptos de referencia/non referencia. ☣Banjo tell me 28 de xaneiro de 2016 ás 09:49 (UTC)[responder]
- Tranquilo, non te poñas nervioso. Creo que estás a sacar as cousas de quicio, non se pide tanto, tan só unha sección cuns poucos libros, ata esta votación ningún usuario se opuso dun xeito tan radical a engadir bibliografía. O tema seguro que ten bibliografía suficiente. Sobre as fontes primarias, segundo o que dis, no artigo actúas como fonte primaria dende o momento en que escolles eses libros para referencialo... pénsao ben, non ten sentido o que acabas de dicir. Un saúdo, --Piquito (conversa) 28 de xaneiro de 2016 ás 10:46 (UTC)[responder]
- Nin me poño nervioso, nin saco nada de quicio, non deberías inferir un estado de ánimo nunha comunicación escrita. O uso de referencias é para apoiar o que se di no texto. Selecciónanse en base aos criterios xa definidos. Se uso un libro como referencia, é porque cumple eses criterios. Para unha sección de bibliografía adicional non hai criterios establecidos. Se engado un libro aí, faríao segundo o meu propio criterio, e polo tanto actuaría como fonte primaria seleccionando o que eu considero oportuno. Eu non vou engadir unha sección de bibliografía por estes motivos e argumentos. Se alguén a quere engadir adiante, pero sen que exista un criterio definido considero que non é axeitado facelo. ☣Banjo tell me 28 de xaneiro de 2016 ás 11:04 (UTC)[responder]
- Banjo, a elección da bibliografía sempre vai ser algo subxectivo porque sempre vai haber moitas fontes que cumpran eses criterios. Se eu sei dun tema podo saber que libros o poden complementar ben, aínda que non sexan "o mellor libro sobre...". Eu podo recomendar na bibliografía un artigo sobre a música medieval non porque sexa un libro dunha eminencia mundial na materia ou sexa o libro máis completo sobre o tema, podo recomendalo simplemente por ser un libro sinxelo de ler, curto e comprensible que lle axude ao lector a ter unha visión xeral sobre a música medieval... non é a mellor fonte para un estudante de musicoloxía pero si para o común dos mortais. Hai moitos criterios á hora de escoller a bibliografía. Un saúdo, --Piquito (conversa) 28 de xaneiro de 2016 ás 11:21 (UTC)[responder]
- Nin me poño nervioso, nin saco nada de quicio, non deberías inferir un estado de ánimo nunha comunicación escrita. O uso de referencias é para apoiar o que se di no texto. Selecciónanse en base aos criterios xa definidos. Se uso un libro como referencia, é porque cumple eses criterios. Para unha sección de bibliografía adicional non hai criterios establecidos. Se engado un libro aí, faríao segundo o meu propio criterio, e polo tanto actuaría como fonte primaria seleccionando o que eu considero oportuno. Eu non vou engadir unha sección de bibliografía por estes motivos e argumentos. Se alguén a quere engadir adiante, pero sen que exista un criterio definido considero que non é axeitado facelo. ☣Banjo tell me 28 de xaneiro de 2016 ás 11:04 (UTC)[responder]
- Tranquilo, non te poñas nervioso. Creo que estás a sacar as cousas de quicio, non se pide tanto, tan só unha sección cuns poucos libros, ata esta votación ningún usuario se opuso dun xeito tan radical a engadir bibliografía. O tema seguro que ten bibliografía suficiente. Sobre as fontes primarias, segundo o que dis, no artigo actúas como fonte primaria dende o momento en que escolles eses libros para referencialo... pénsao ben, non ten sentido o que acabas de dicir. Un saúdo, --Piquito (conversa) 28 de xaneiro de 2016 ás 10:46 (UTC)[responder]
- Reiterando que non é un criterio, qué libros engadimos? Baixo qué criterio os incluímos ou non? Cómo os diferenciamos das referencias bibliográficas empregadas no propio artigo? Se eu decido incluír un libro como bibliografía, estouno incluíndo porque realmente está aceptado como referente nese campo ou é baixo o meu criterio propio (e polo tanto, actúo como fonte primaria)? No momento en que teñamos un uso de estilo que faga distinción clara entre referencias e material adicional e uns criterios para definir qué incluír ou non nese material adicional estarei encantado de engadilo a este e a calquera outro artigo. Ata entón estaremos actuando como fonte primaria, escollendo cada un segundo lle pareza, e confundindo conceptos de referencia/non referencia. ☣Banjo tell me 28 de xaneiro de 2016 ás 09:49 (UTC)[responder]
┌────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────┘ Hai moitos criterios que se poderían seguir si, pero non hai ningunha definición nin norma para que todos sigamos os mesmos. ☣Banjo tell me 28 de xaneiro de 2016 ás 11:25 (UTC)[responder]
- A norma é a fundamental, a confianza no editor. --Piquito (conversa) 28 de xaneiro de 2016 ás 11:35 (UTC)[responder]
- As normas fundamentais son cinco. Non ten nada que ver confiar en alguen ou non, ata onde eu sei todos actuamos de boa fé. Estás dándolle voltas a unha cuestión sinxela:
- Non hai norma definida para determinar se engadir unha sección bibliográfica de "lecturas recomendadas a maiores".
- Non hai unha norma definida para determinar qué engadir en dita sección.
- Engadir X entradas faríase a discreción propia de cada un, xa que non hai unha norma.
- Eu, persoalmente, non vou engadir dita selección de entradas porque nin teño os coñecementos ou capacidades para facer a selección dos mellores/accesibles/recomendados/fiables, nin quero actuar como fonte primaria facendo dita selección baixo os meus criterios individuais.
- ☣Banjo tell me 28 de xaneiro de 2016 ás 12:05 (UTC)[responder]
- As normas fundamentais son cinco. Non ten nada que ver confiar en alguen ou non, ata onde eu sei todos actuamos de boa fé. Estás dándolle voltas a unha cuestión sinxela:
- (Conflito de edición) Non concordo en que poñer unha bibliografía sexa ser fonte primaria, se iso fose así ningún artigo das wikipedias podería ter bibliografía...
- É certo que non se indica nada sobre o tema no libro de estilo, pero si que se indica que pode haber esa sección, e penso que é importante nun artigo de calidade. Na wiki-es teñen separado bibliografía utilizada e bibliografía recomendada, nós non, polo tanto nesa sección poden engadirse os dous tipos de bibliografía. E que bibliografía engadir? Pois simplemente a que mellor vexan os editores do artigo, creo que non hai máis ciencia.
- O único problema que vexo (xa que eu non teño nin coñezo bibliografía sobre o tema) é que nin na wiki-en nin na wiki-es teñen bibliografía nos seus artigos, buscando nas interwikis atopei na wp-fr: (en) F.S. Messiha (1984), Cesium: A bibliography update ; Pharmacology Biochemistry and Behavior (January 1984), 21, Supplement 1, pg. 113-129, en wp-it: Francesco Borgese, Gli elementi della tavola periodica. Rinvenimento, proprietà, usi. Prontuario chimico, fisico, geologico, Roma, CISU, 1993, ISBN 88-7975-077-1., R. Barbucci, A. Sabatini e P. Dapporto, Tavola periodica e proprietà degli elementi, Firenze, Edizioni V. Morelli, 1998 e nada máis, pero sería moito máis axeitado ter bibliografía en galego ou castelán, que ten que haber. Buscando noutros artigos de elementos químicos atopei: en Titanio Clifford A. Hampel. The Encyclopedia of the Chemical Elements (en inglés). Nova York: Reinhold Book Corporation. pp. 732–738. LCCN 68029938 pero nada máis. Un pouco triste a verdade, penso que moitos deses artigos deberían levar algo de bibliografía. De tódolos xeitos quizais Agremon podería indicarnos algunha bibliografía para engadir no artigo. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de xaneiro de 2016 ás 12:56 (UTC)[responder]
- Xa lle deixei un aviso a Agremon, a ver se pode achegar el a bibliografía. Saúdos, Elisardojm (conversa) 28 de xaneiro de 2016 ás 12:59 (UTC)[responder]
- (conflito de edición con Elisardojm) Repito que o teu argumento non ten sentido, e non ten sentido porque segundo o que ti dis, xa estás a actuar como fonte primaria escollendo eses 42 libros nas referencias... é dicir, non podes escoller uns libros para a sección de bibliografía porque non podes actuar como fonte primaria, pero se escolles uns para referenciar o artigo xa non actúas como fonte primaria... non ten sentido, en ningún dos casos se actúa como fonte primaria. Quen lle dá voltas a un tema moi sinxelo es ti, a solución non é establecer normas para todo, iso o único que conseguirá será atar as mans dos editores, que sintan fiscalizado o seu traballo e cuestionado o seu criterio á hora de escoller as lecturas recomendadas, e iso non é bo para un traballo en equipo, que é o que é a Galipedia, unha xestión de recursos humanos, hai que confiar no criterio, na boa fe, e no bo facer das persoas, que son as que fan a Galipedia. --Piquito (conversa) 28 de xaneiro de 2016 ás 13:03 (UTC)[responder]
┌────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────┘ Coido que xa o dixen antes. Os libros indicados nas referencias están escollidos seguindo uns criterios determinados. Os libros indicados nas referencias apoian unha pasaxe ou pasaxes determinadas do texto. A fonte primaria termina cando existe e se segue unha norma en canto a que publicacións utilizar como referencias para apoiar un contido concreto do texto. Mentres a fonte empregada cumpra esas normas, hai liberdade para escoller a que un mesmo determine máis axeitada. E se un mesmo ou algúen outro dubida de que unha fonte sexa correcta pódese revisar e cambiar se é necesario.
Unha suxestión de lecturas adicionais sen uns criterios definidos para a súa selección é completamente subxectiva, e polo tanto eu entendo que é facer de fonte primaria. ☣Banjo tell me 28 de xaneiro de 2016 ás 13:27 (UTC)[responder]
- Segue sen ter sentido. Ti colles un libro para referenciar unha pasaxe e seguramente haxa outros que tamén o podían referenciar, logo estás actuando igual como fonte primaria, por que ese e non outro? Hai centos de libros sobre o tema que cumpren eses criterios, e seguro que para moitas cousas que se din no artigo se poderían escoller outras referencias, pero escolléronse esas polo que sexa (era o libro que o editor tiña a man, era o do científico máis coñecido, era a fonte máis sinxela de entender... o que sexa), e iso non implica que sexa unha fonte primaria. Non te das conta? --Piquito (conversa) 28 de xaneiro de 2016 ás 13:40 (UTC)[responder]
- Collo un libro para referenciar unha pasaxe que cumpla as normas e criterios xerais:
Os artigos deben basearse en fontes fiables, de terceiros e publicadas, cunha reputación para a comprobación dos feitos e a exactitude. As fontes deben ser materiais publicados (que estean dispoñibles para o público dalgún xeito); os materiais non publicados non se consideran fiables. As fontes deben apoiar directamente as afirmacións presentadas no artigo e deben ser apropiadas segundo o que se expoña. A idoneidade das fontes depende do contexto. En xeral, as mellores fontes contan cunha estrutura que permite comprobar ou analizar os feitos, os problemas legais, as probas e os argumentos. Os contidos relacionados con persoas vivas e coa medicina deben estar referenciados con especial coidado. Cando se dispoña delas, cómpre ter en conta que as publicacións académicas e revisadas por expertos son as fontes máis fiables, como en temas históricos, médicos e científicos. Porén, non son as únicas. Tamén é posible empregar fontes non académicas, particularmente se apareceron en publicacións convencionais rigorosas. Outras fontes fiables inclúen os libros de texto de nivel universitario, libros publicados por casas editoriais, revistas e xornais respectados. Así mesmo, os recursos electrónicos son igualmente válidos, suxeitos aos mesmos criterios.
- Sigo o meu criterio (ou disposición de fontes) dentro desas normas e criterios xerais. Se quixera engadir unha lista de lecturas recomendadas tería que facelo baixo o meu criterio soamente, sen ningunha norma ou indicación que poida seguir, xa que non hai tal. E se sigo o meu criterio exclusivamente sen apoiarme en ningunha norma específica ou fonte fiable externa actúo como fonte primaria. ☣Banjo tell me 28 de xaneiro de 2016 ás 13:47 (UTC)[responder]
┌────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────┘ Comentario. Creo que na nota 4 podería traducirse a cita en latín para que sexa máis facilmente comprensible para @s lector@s. --Piquito (conversa) 22 de febreiro de 2016 ás 16:57 (UTC)[responder]