Wikipedia:Artigo destacado/xaneiro 2012

Montserrat Concepción Viviana Caballé Folch, nada en Barcelona o 12 de abril de 1933, é unha soprano lírica catalá. É recoñecida pola súa técnica vocal e é unha das máis admiradas cantantes de ópera do mundo.

Entre o seu repertorio hai obras de, entre outros, Boito; Dvořák; Donizetti; Falla; Gluck; a Cleopatra do Xulio César de Haendel; Leoncavallo; Mascagni; Massenet; o Don Giovanni, as Vodas de Fígaro ou a Frauta Máxica de Mozart; Pergolesi; La Bohème, Madama Butterfly ou a Turandot de Puccini; a Elisabetta, Regina d'Inghilterra, a Semiramide, Il viaggio a Reims, a Matilde do Guglielmo Tell ou a Rosina do Barbeiro de Sevilla de Rossini; Saint-Saëns; Salieri; a Salomé, a Ariadne auf Naxos ou Elektra de Strauss; Tchaikovski; a Violetta da Traviata, a Leonora do Trovatore, a Elena de I vespri siciliani, a Leonora de La forza del destino, Aida ou a Desdemona de Otello de Verdi e Tannhäuser, Tristan und Isolde ou Parsifal de Wagner.