Wikipedia:Artigo destacado/febreiro 2008

Edimburgo é a capital e segunda maior cidade de Escocia. Atópase na costa leste, á beira do estuario do Forth e na autoridade local da Cidade de Edimburgo. Foi un dos centros máis importantes de educación e cultura durante a Era de Ilustración, grazas á Universidade de Edimburgo. Os distritos The Old Town e New Town, que forman parte do centro da cidade, foron designados pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade en 1995.

Edimburgo é famosa polo seu festival, o maior conxunto de eventos ao vivo do mundo. Durante o mes de agosto, cando se celebra, a poboación da cidade duplícase. Edimburgo é a segunda cidade máis visitada do Reino Unido despois de Londres, con 13 millóns de visitantes ao ano.