Wikipedia:Artigo destacado/Propostas/Holodomor
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo. Resultado: 3 a favor, 3 en contra - non se escolle.
Holodomor editar
- Información: Proposto por Adalbertofrenesi. Trátase dun feito pouco coñecido amáis que o artigo contén moitas referencias e seméllame moi completo. Só lle falta quitar ligazóns a imaxes retiradas polo commonsTicker. --Adalbertofrenesi(fala) 21:21, 23 outubro 2007 (UTC)
- Concordo --Adalbertofrenesi(fala) 21:21, 23 outubro 2007 (UTC)
- Discordo Non é habitual destacar artigos que son traducións, senón valorar os artigos propios da Galipedia. Quizais estaría ben crear a tradución destacada xa que semella que ten moitos contrarios a ela, que a critican pero a utilizan, polo que creo que este artigo sería un bo candidato a Tradución destacada pero como que non me atrevo moito a propoñer eso de Tradución destacada por se semella un compló. Ademais porque lle faltan imaxes que foron borradas con posterioridade, está descontextualizado xa que non ten artigos con contidos secundarios, auxiliares o como se lles queira chamar. Que estos crimes sexan menos coñecidos que outros non é unha razón de peso para o destaque dun artigo xa que a finalidade dunha enciclopedia non é a de publicitar os coñecementos menos divulgados, senón divulgar todos os coñecementos posibles. Lansbricae (Ti dirás) 21:24, 23 outubro 2007 (UTC)
* Concordo -- AlberteSi, digame? 16:12, 27 outubro 2007 (UTC)
- Concordo, gran artigo, algunhas das imaxes son moi impactantes --☣Banjo tell me 16:17, 27 outubro 2007 (UTC)
- Discordo Coido que a historia que conta é interesante e importante, e o artigo ten visos de chegar a ser destacado pero aínda fraquea nalguns aspectos importantes que non fan recomendable poñelo de exemplo:
- ten moitas ligazóns rotas (roxas), e polo tanto semella non adaptado dabondo á wikipedia galega.
- non me parece mal que sexa traducion, pero habería que limpalo de expresions e vocabulario exclusivamente portugues (e.g. "crianzas" por "nenos", "visando especificamente o pobo.." "Grande Viraxe", etc etc (non me parece mal que sexa traducion, pero estrañame iso si que alguns que se rasgan as vestiduras se falamos de traducion sexan logo os que traduzan e/ou propoñan e/ou apoien traducións como artigo destacado, pero ese é outro conto)
- a redacción non me parece dabondo clara: expresions como <<traballando como "colonos de traballo">>. Aínda pior o de "son deportadas - frecuentemente de modo caótico e precipitado", parecenme de chiste macabro.
- outros detalles a pulir: inconsistencias como "Holodomor" fronte a "gholodom".
- Saúdos.---- Maañónoo (o que ho?) 17:20, 27 outubro 2007 (UTC)
- Concordo--Hugo22 17:26, 22 novembro 2007 (UTC)
- Discordo, para depurar algunhas das inconsistencias sinaladas polo usuario Maañón eliminouse contido no canto de engadirlle contidos adicionais para situalo no contexto histórico no que se produxo de xeito que na Galipedia houbera artigos relacionados que evitaran a existencia de ligazóns crebadas. Penso que co tempo pode chegar a ser destacado pero require máis traballo precisamente para situalo nun contexto espacial e histórico que de momento na Galipedia non existe e que o convirten nun artigo illado. Alma (fálame eiquí) 12:50, 25 novembro 2007 (UTC)