Wikipedia:Artigo destacado/Propostas/Autismo
Debate pechado. Por favor, non faga edicións neste arquivo.
Votación PECHADA: Rexeitada
Período de votación: 7/11/2017 - 27/11/2017
SI: 4 — NON: 1 — NEUTRO: 0 — CONCLUSIÓN: Rexeitada |
- Proposto por: ☣Banjo tell me 7 de novembro de 2017 ás 15:19 (UTC) (Período de votación: dende o 07-11-2017 ata, polo menos, o 22-11-2017)[responder]
- Información: MÉRITOS DO ARTIGO: Os mesmos que se indicaron na súa votación a artigo de calidade. Proposto para abril de 2018. --☣Banjo tell me 7 de novembro de 2017 ás 15:19 (UTC)[responder]
- A favor
- Concordo. --☣Banjo tell me 7 de novembro de 2017 ás 15:19 (UTC)[responder]
- Concordo. --Breogan2008 (conversa) 8 de novembro de 2017 ás 10:03 (UTC)[responder]
- Concordo. --Chairego apc (conversa) 9 de novembro de 2017 ás 22:12 (UTC)[responder]
- Concordo. --. HombreDHojalata.conversa 9 de novembro de 2017 ás 23:32 (UTC)[responder]
- En contra
- Discordo, ver comentario. Piquito (conversa) 22 de novembro de 2017 ás 17:47 (UTC)[responder]
- Neutros
- Comentarios
- Comentario. Independentemente do contido do artigo, discordo co emprego que se fai das imaxes, case a metade das imaxes presentan a menores perfectamente recoñecibles e que, a xulgar pola data da imaxe, aínda son menores a día de hoxe. Os menores son donos da súa propia imaxe e esta non debería ser empregada para ilustrar un artigo dunha enciclopedia aberta a todo o mundo. Por que non se empregan imaxes de persoas adultas? Polas imaxes semella que sexa un trastorno exclusivo de nen@s, cando no propio cabezado di que non é así.
- Por outra banda, algún pé de imaxe é totalmente desacertado: "Amontoar repetitivamente obxectos uns sobre outros asóciase co autismo" acompañando a unha imaxe dun neno que segundo a descrición da mesma ten 18 meses, cando esa é unha conduta absolutamente normal en nen@s desa idade (de feito hai xoguetes que se basean precisamente niso); logo outro pé di "Un neno pequeno con autismo que colocou os seus xoguetes en liña", parece que a acción de colocar os xoguetes en liña é algo directamente relacionado co autismo cando é outro comportamento absolutamente normal.
- Deberían eliminarse as imaxes de menores e suprimir eses comentarios que poden crear alarma na persoa que lea o artigo. Penso tamén que se debería adoptar unha política respecto do uso das imaxes, non permitindo a utilización de imaxes de menores (agás os casos de menores que sexan personalidades públicas), e restrinxindo tamén as imaxes de persoas falecidas de xeito violento (imaxes de mort@s en combate, fosas comúns, atentados terroristas)... en fin, adoptar unha postura máis sensible respecto do uso das imaxes, non pode ser que teñamos máis tacto co logo dunha marca ou o escudo dun equipo deportivo que coa imaxe dun menor. Piquito (conversa) 22 de novembro de 2017 ás 17:47 (UTC)[responder]