Abrir o menú principal

Alberto Barreiro Docampo

escritor, músico e actor galego
(Redirixido desde "Warren")

Alberto Barreiro Docampo, nado en Moaña en 1974, é un filólogo, músico, actor, director e dramaturgo galego, máis coñecido como Warren.

Alberto Barreiro Docampo
Nacemento1974
LugarMoaña
NacionalidadeEspaña
Profesiónescritor, actor e músico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciouse en Filoloxía galega pola Universidade de Santiago de Compostela. Autor do TAD "Contribución da Mostra de Cangas á normalización do teatro galego" e foi redactor para os Informes de literatura no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

Impartiu cursos de música tradicional en colaboración coa Xunta de Galicia nos centros galegos do exterior de Terrassa (Barcelona) (1998), Os Ánxeles (California) (1999) e Centro Galego do Val Miñor de Bos Aires (Arxentina )(1999).

Desde 2006 reside en Betanzos.

ObraEditar

MúsicaEditar

  • Mimá (II traballo discográfico de Fiandola, 2011).
  • A Subela (Colaboración co grupo de música tradicional A Subela da Sociedade Liceo de Noia, 2011).
  • Bricania (2011)
  • Chill out celta (Recompilatorio oon Fiandola, 2011).

AudiovisualEditar

LiteraturaEditar

  • Polaroid, dramatización da obra homónima de Suso de Toro.
  • Ñaque, ou de piollos e actores, tradución da obra de Sanchís Sinisterra.
  • O circo enmeigado, ou a amazona e os excéntricos, tradución da obra de Rafael Dieste.
  • Café ás cinco.
  • Pocopando.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Catálogo de dramaturgos galegos. 1973-2004 , López, Yolanda; Paredes, Xavier; et ali. CDAEMGA, Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, 2005.
  • A freguesía de Moaña. Apuntamentos históricos e etnográficos , García, Manuel Uxío; Chapela, Luís; Villaverde, Xosé C (Editores), 2013, páx.521.