Wang Daiyu

erudito musulmán de etnia hui


Wang Daiyu (chinés simplificado: 王岱舆; chinés tradicional: 王岱輿; pinyin: Wáng Dàiyú; Wade-Giles: Wang2 Tai4-yü2; xiao'erjing: ٔوْا  دَﻰْ ﻳُﻮْ), nado cara ao 1570 e finado contra o 1660, foi un erudito musulmán de etnia hui. Chamábase a si mesmo Zhenhui laoren 真回老人 ("O auténtico ancián do islam").

Infotaula de personaWang Daiyu
Biografía
Nacemento1570 Editar o valor em Wikidata
Morte1657 (Xuliano) Editar o valor em Wikidata (86/87 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeChina Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfilósofo , tradutor Editar o valor em Wikidata
LinguaChinés clásico, árabe e lingua persa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Wang era descendente dun grupo de árabes que chegaran á China a comezos da dinastía Ming (1368-1644), como parte dunha embaixada diplomática. Dominou a astronomía e os cálculos do calendario, polo que foi nomeado Mestre Supervisor do Observatorio Imperial, cunha residencia en Nanjing.[1]

Dende neno, estudou con seu pai, para logo continuar a súa aprendizaxe con Ma Junshi en Nanjing. Aos 20 anos, comezou a estudar o confucianismo, o budismo e mais o daoísmo, así como outras correntes sincréticas. No ano 15 do reinado do emperador Chongzhen, traduciu o Zhengjiao Zhenquan 正教真詮 ("O auténtico comentario do correcto ensino"), e comezou a verter outros escritos islámicos ao chinés.[2] Wang defendeu a necesidade de obras musulmás en chinés, evitando a dependencia dos textos árabes.[3] Posteriormente, escribiu o Qingzhen daxue 清真大學 ("A grande aprendizaxe do islam") e o Xizhen zhengda 希真正答 ("Respostas auténticas e estrañas"). Nos círculos musulmáns da China, é coñecido co título de "Gran Santo do período Qing".

Obra editar

Wang dominaba o chinés, o persa e mais o árabe.[4][5] Estudou en profundidade o confucianismo, que empregou para explicar o islam.[6] Malia o seu interese polos eruditos confucianos, foi un grande crítico do budismo e mais do daoísmo.[7] A súa intención era difundir a relixión a través do chinés clásico, xa que a meirande parte dos musulmáns da China non dominaban as linguas orixinais dos textos islámicos.[8]

Os seus traballos acabaron formando parte da literatura han kitab, xunto con outros eruditos musulmáns como Liu Zhi ou Ma Zhu.[9]

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar