Han kitab
Han kitab (chinés tradicional: 漢克塔布; chinés simplificado: 汉克塔布; pinyin: Hàn kètǎbù; Wade-Giles: Han4 k'o4-t'a3-pu4; árabe: هان کتاب) é o nome que reciben un conxunto de textos islámicos en chinés, escritos por autores musulmáns, que explican o islam empregando terminoloxía confuciana. O termo reflicte a natureza destas obras: han 汉 significa "chinés", e kitab کتاب é "libro" en árabe.[1][2] Foron redactados principalmente a comezos do século XVIII, durante a dinastía Qing (1644-1912). Eruditos posteriores, como Ma Qixi (1857-1914), Ma Fuxiang (1876-1932) ou Hu Songshan (1880-1955) foron influenciados polos han kitab.[3][4][5]
Historia
editarAs orixes da literatura han kitab remóntanse aos traballos do erudito Hu Dengzhou no século XVI. Tras estudar durante varios anos no mundo islámico, Hu regresou á China para fundar un sistema educativo que incorporaba a análise dos textos islámicos co ensino de idiomas estranxeiros e do chinés.[6] Ao principio, tratábase de traducións de textos sufís en lingua persa. Porén, a mediados do século XVII, os intelectuais musulmáns chineses comezaron a redactar obras orixinais nas que mesturaban elementos islámicos co pensamento chinés clásico.[7]
Entre os autores do han kitab, atópanse Liu Zhi (1660-c. 1739), quen viviu en Nanjing a comezos do século XVIII, e Wang Daiyu (c. 1570-c. 1660).
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Benite, Z. (2010): Follow the White Camel: Islam in China to 1800. En Morgan, D. O. e Reid, A. (eds.), The New Cambrdige History of Islam (409-426). Cambridge University Press.
- Dillon, M. (1999): China's Muslim Hui Community: Migration, Settlement and Sects. Curzon Press. ISBN 9780700710263.
- Lai, Q. (2020): The Making of Sino Muslim Identity: Han Kitab in the Chinese Xidaotang. Chinese Sociological Review, 52(2), 167-198. doi 10.1080/21620555.2019.1636218
- Lipman, J. N. (1997): Familiar Strangers: A History of Muslims in Northwest China. University of Washington Press. ISBN 9780295976440.
- Wroldsen, K. J. (2023): Let Confucianism and Islam Work Together: Bargaining for a Distinct Muslim Identity in Local Propaganda Literature. Asian Ethnicity, 24(2), 157-180. doi 10.1080/14631369.2021.2007754