Volta a Cataluña 2017
A 97ª edición da Volta a Cataluña disputouse en Cataluña entre o 20 e o 26 de marzo de 2017. Foi a novena proba do UCI WorldTour 2017. Deu comezo na vila de Calella da mesma maneira que o fixera na edición 2016 e acabou no clásico circuíto que se realiza en Montjuïc, Barcelona.
A carreira venceuna por segunda ocasión na súa carreira deportiva o murciano do Movistar Team, Alejandro Valverde. Nunha volta épica, o exitoso ciclista español venceu na clasificación da montaña, quedou segundo nunha etapa ao sprint e gañou outras 4: 2 de montaña con final en alto, a final ao sprint e unha contra o reloxo por equipos, que posteriormente lles quitaron e penalizaron con 1 minuto por un presunto empuxón entre corredores de equipo. Aínda con esta penalización dun minuto quitoulle outro ao segundo clasificado, Alberto Contador. Detrás súa rematou a xove promesa catalá e compañeiro de equipo do murciano Marc Soler que venceu na clasificación dos xoves e dos cataláns.
En canto ao resto das clasificacións secundarias, o francés Pierre Rolland levou a das metas volantes e o Movistar Team a dos equipos.
Equipos
editarNesta proba tomaron parte 25 conxuntos distintos con 8 corredores: os 18 do UCI WorldTour (de participación obrigada), máis 7 convidados de categoría Profesional Continental, dos cales o Team Manzana Postobón e o Soul Brasil Pro Cycling se estreaban nunha carreira da categoría WorldTour.
Etapas
editarEtapa | Data | Percorrido | km | Gañador | Líder |
1.ª | 20 de marzo | Calella-Calella | 178,9 | Davide Cimolai | Davide Cimolai |
2.ª | 21 de marzo | Banyoles-Banyoles | 41,3 (CRE) | BMC Racing Team1 | Ben Hermans1 |
3.ª | 22 de marzo | Mataró-La Molina | 188,3 | Alejandro Valverde | Tejay van Garderen |
4.ª | 23 de marzo | La Seu d'Urgell-Igualada 2 | 136,1 | Nacer Bouhanni | Tejay van Garderen |
5.ª | 24 de marzo | Valls-Lo Port | 182 | Alejandro Valverde | Alejandro Valverde |
6.ª | 25 de marzo | Tortosa-Reus | 189,7 | Daryl Impey | Alejandro Valverde |
7.ª | 26 de marzo | Barcelona-Barcelona | 138,7 | Alejandro Valverde | Alejandro Valverde |
Total | 1.055 | Alejandro Valverde |
---|
1Estes foron os premiados da etapa, logo da sanción de 1 minuto imposta ao Movistar Team
2A etapa 4 foi acurtada dende os 194,3 km planeados debido ao mal tempo
Clasificación xeral
editarA seguinte táboa amosa os dez mellores clasificados da xeral á fin da carreira:
Posición | Ciclista | Equipo | Tempo |
---|---|---|---|
Nairo Quintana | Movistar Team | 25h 27' 15" | |
2 | Alberto Contador | Trek-Segafredo | + 1' 03" |
3 | Marc Soler | Movistar Team | + 1' 16" |
4 | Adam Yates | Orica-Scott | + 1' 31" |
5 | Tejay van Garderen | BMC Racing Team | + 1' 34" |
6 | Dan Martin | Quick-Step Floors | + 2' 29" |
7 | Steven Kruijswijk | Team LottoNL-Jumbo | + 2' 56" |
8 | Carlos Verona | Orica-Scott | + 3' 00" |
9 | George Bennett | Team LottoNL-Jumbo | + 3' 01" |
10 | Romain Bardet | AG2R La Mondiale | + 3' 05" |
Outras clasificacións
editarClasificación da montaña
editarPos. | Ciclista | Equipo | Puntos |
---|---|---|---|
Alejandro Valverde | Movistar | 105 | |
2 | Chris Froome | Sky | 50 |
3 | Marc Soler | Movistar | 49 |
Clasificación das metas voantes
editarPos. | Ciclista | Equipo | Puntos |
---|---|---|---|
Pierre Rolland | Cannondale | 13 | |
2 | Pieter Serry | Quick-Step | 5 |
3 | Thomas De Gendt | Lotto | 3 |
Clasificación dos xoves
editarPos. | Ciclista | Equipo | Puntos |
---|---|---|---|
Marc Soler | Movistar | 30h 51' 20" | |
2 | Adam Yates | Orica | + 15" |
3 | Carlos Verona | Orica | + 1' 44" |
Clasificación por equipos
editarPos. | Equipo | Tempo |
---|---|---|
Movistar | 76h 29' 25" | |
2 | Cannondale | + 13' 28" |
3 | LottoNL-Jumbo | + 16' 27" |