Vladímir Bets
Vladímir Alekséievich Bets (en ucraíno, Володи́мир Олексійович Бец; en ruso: Влади́мир Алексе́евич Бец) nado en Ostra o 26 de abril de 1834 e finado en Kíiv o 12 de outubro de 1894, foi un médico e científico, especializado na anatomía e histoloxía. Foi profesor da Universidade de Kíiv. Un dos seus descubrimentos máis importantes foi describir as neuronas piramidales xigantes que se atopan na rexión motora da cortiza cerebral e reciben na súa honra o nome de células de Betz.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de abril de 1834 Ostyorsky Uyezd, Imperio Ruso (en) |
Morte | 12 de outubro de 1894 Kíiv, Ucraína |
Lugar de sepultura | Vydubychi Monastery (en) |
Residencia | Kíiv |
Educación | Medical department of Kyiv Emperor University of St. Vladimir (en) Bogomolets National Medical University (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Medicina, anatomía e histoloxía |
Ocupación | biólogo, histologista (pt) , neurocientífico, anatomista, psiquiatra |
Empregador | Imperial University of St. Vladimir (en) |
Descrito pola fonte | Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Biographical Dictionary of Professors and Teachers of the Imperial University of St. Vladimir (en) , (p.44-48) |
Traxectoria
editarNaceu o 26 de abril de 1834 na pequena cidade de Ostra, ao norte de Ucraína, que naquel tempo formaba parte do Imperio Ruso. En 1853 iniciou os seus estudos de medicina na Facultade de Medicina de San Vladimiro en Kíiv, onde destacou polas súas magníficas cualificacións. Tras terminar a carreira en 1860, foi nomeado axudante do departamento universitario de anatomía. Máis tarde ampliou a súa formación en Alemaña e Austria, onde tivo por mestres a algúns dos máis eminentes especialistas en anatomía e fisiología de Europa.
En 1863 volveu a Ucraína, obtendo o grao de doutor cunha tese titulada: Os mecanismos de circulación do fígado. Realizou investigacións histolóxicas sobre as glándulas suprarrenales, ril e óso, a partir de 1860 comezou a estudar a estrutura miscroscopica do sistema nervioso, este interese polo cerebro viuse incrementado coa lectura en 1863 da obra do fisiólogo Iván Séchenov titulada Reflexos do cerebro.
En 1869 foi nomeado xefe do departamento de anatomía da facultade de San Vladimiro e en 1870 profesor universitario. A partir de 1871 exerceu como neurólogo no hospital de San Cirilo de Kíiv, actualmente chamado Iván Pávlov. Realizou numerosas innovacións técnicas para mellorar as preparacións de tecidos e observalas con maior nitidez mediante o microscopio, así mesmo formou unha enorme colección de 8941 cerebros, pertencentes a humanos sans, afectos de diferentes enfermidades e animais, incluíndo monos, cans e ratas.[1]
O seu principal descubrimento foi o das neuronas piramidales xigantes que se atopan na quinta capa da cortiza cerebral motora (células de Betz), este achado é dunha importancia excepcional e permite entender o funcionamento do cerebro, explicando de onde proveñen as longas fibras nerviosas que se estenden ao longo da medula espinal, para establecer sinapsis coas neuronas motoras das hastas anteriores da medula espinal, que son as que envían os impulsos nerviosos aos músculos, facendo posible os movementos voluntarios. A descrición orixinal foi publicada no artigo Anatomischer Nachweis Gehirncentra (1874).
Algunhas obras
editar- "On the hepatic blood circulation" (1863)
- "A new method of human CNS exploration" (1870)
- "On the grouping of the convolutions of human brain" (1871)
- "Two centers in the human brain cortex" (1875)
- "An anatomy of the human brain surface, with an atlas and 86 tables" (1883)
- "Historical figures of the Russian South-West" (1883, con prof. B.A. Antonovich)
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 Sergiy V. Kushchayev y alumnos: The discovery of the pyramidal neurons: Vladimir Betz and a new era of neuroscience Arquivado 24 de abril de 2014 en Wayback Machine.. Brain, ISSN 0006-8950, 2012, vol. 135 (1), pp. 285-300.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vladímir Bets |