Virginia Gamba

diplomática arxentina

Virginia Gamba Stonehouse, nada en Ciudad de San Martín en 1954, é unha diplomática arxentina especialista en desarmamento, paz e seguridade humana. Desde abril de 2017 é Representante Especial do Secretario Xeral de Nacións Unidas para a infancia e os conflitos armados.

Infotaula de personaVirginia Gamba
Biografía
Nacemento1954 Editar o valor em Wikidata (69/70 anos)
San Martín, Arxentina (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Special Representative of the Secretary-General (en) Traducir
12 de abril de 2017 –
← Leila Zerrougui (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeArxentina Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomática Editar o valor em Wikidata
EmpregadorONU Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm7239927 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Naceu en San Martín, provincia de Buenos Aires, en 1954.[1] Pasou a súa infancia en Bolivia e o Perú e foi educada en Suíza, España e o Reino Unido. Ten unha mestría en Estudos Estratéxicos pola University College of Wales (1981) e un B.A. en Estudos españois e americanos pola Universidade de Newcastle Upon Tyne.[2]

Seguiu de cerca a guerra das Malvinas en 1982, traballou como xornalista e publicou varios libros sobre o conflito, entre eles "Señales de guerra" co historiador británico Lawrence Freedman. Entre 1983 e 1987 foi profesora de estratexia de guerra das Forzas Armadas e da Xendarmería da Arxentina.[3]

Traballou como profesora titular da cátedra de Estudos de Seguridade de América Latina no Departamento de Estudos de Guerra do King's College de Londres até 1991 cando asumiu a responsabilidade da área sobre desmilitarización, desmobilización e control de armas da Fundación Macarthur de Chicago.[3]

Iniciou a súa carreira internacional en 1992 como Directora do Programa de Desarmamento e Resolución de Conflitos do Instituto das Nacións Unidas de Investigación sobre o Desarmamento en Xenebra.

Entre 1996 e 2001 foi responsable da fundación Safer Africa que se encargou das tarefas de retirar as armas que quedaran en Suráfrica como consecuencia de anos de guerra civil. Nesa tarefa traballou xunto ao expresidente Nelson Mandela. Viviu en Pretoria durante eses anos e desde alí foi asesora en temas de seguridade interna de máis dunha decena de países africanos.[4] De 2001 a 2007 foi Directora de Interaccións Sur-Sur en SaferAfrica tamén en Suráfrica. Como especialista en armamento, durante dous anos (2007-2009) foi consultora experta da Unión Europea para apoiar á Unión Africana no desenvolvemento da estratexia de implementación do Enfoque común africano para combater o tráfico ilícito de armas lixeiras.

Regresou a Arxentina en 2010 e traballou como asesora internacional do Instituto de Seguridade Pública do goberno porteño e da Organización de Entidades Mutuales Americanas.[3]

En 2012 publicou un libro semiautobiográfico: Chocolate chino en Budapest: Experiencias y esperanzas de una mujer sin fronteras.

De 2012 a 2015 foi Directora e Adxunta do Alto Representante para Asuntos de Desarmamento na Oficina de Asuntos de Desarme das Nacións Unidas. En 2015 foi asistenta do Secretario Xeral da ONU e Xefa da Organización para a Prohibición de Armas Químicas-Mecanismo de investigación conxunto das Nacións Unidas establecido por resolución 2235 (2015) do Consello de Seguridade sobre o uso de produtos químicos como armas en Siria.

Desde 2015, forma parte do Consello Académico da Escola de Política, Goberno e Relacións Internacionais da Universidade Austral (Arxentina).[5]

En abril de 2017 foi nomeada por António Guterres, Secretario Xeral da ONU Representante Especial do Secretario Xeral para a infancia e os conflitos armados substituíndo á alxerina Leila Zerrougui.[2]

Premios e recoñecementos editar

En 1995 como membro do Consello Executivo Pugwash (1985-1996) e participante da Conferencia Pugwash recibiu o Premio Nobel da Paz xunto ao profesor Joseph Rotblat por impulsar e defender o desarmamento nuclear no mundo.[6]

Publicacións editar

  • Signals of War: The Falklands Conflict of 1982 por Lawrence Freedman e Virginia Gamba‐Stonehouse.
  • El peón de la reina (1984)
  • Estrategia, intervención y crisis (1985)
  • Strategy in the Southern Oceans: A South American View (Studies in Contemporary Maritime Policy and Strategy)
  • Chocolate chino en Budapest: Experiencias y esperanzas de una mujer sin fronteras (2012) Ed. Sudamericana ISBN 9789500737340

Notas editar

  1. "Virginia Gamba - United Nations". United Nations (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Ms. Virginia Gamba of Argentina - Special Representative of the Secretary-General for Children and Armed Conflict | United Nations Secretary-General" (en inglés). Consultado o 30 de abril de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Ricardo Carpena (26 de febreiro de 2012). ""Mientras el tema de las Malvinas siga siendo una llaga abierta es peligroso"". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2018. Consultado o 30 de abril de 2018. 
  4. "¿Quien es VIRGINIA GAMBA?" (en castelán). Consultado o 30 de abril de 2018. 
  5. "Escuela Austral. Escuela de Política, Gobierno y Relaciones Internacionales". Arquivado dende o orixinal o 17 de abril de 2021. Consultado o 24 de marzo de 2021. 
  6. Joseph, Rotblat; Michiji, Konuma (1 de xullo de 1997). Towards A Nuclear-weapon-free World - Proceedings Of The Forty-fifth Pugwash Conference On Science And World Affairs (en inglés). World Scientific. ISBN 9789814545945. Consultado o 30 de abril de 2018.