Vincent Benedetti

Vincent Benedetti, nado en Bastia, Córsega, o 29 de abril de 1817 e finado o 28 de marzo de 1900, foi un diplomático francés, coñecido sobre todo polo seu papel na guerra franco-prusiana. Ostentou o título de conde, concedido por Napoleón III.

Infotaula de personaVincent Benedetti

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento29 de abril de 1817 Editar o valor em Wikidata
Bastia, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte28 de marzo de 1900 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Ambassador of France to Prussia (en) Traducir
1864 – 1870 Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndiplomático , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoGuerra franco-prusiana Editar o valor em Wikidata
Participou en
30 de marzo de 1856Tratado de Paris (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor em Wikidata
Premios
O Congreso de París de Dubufe, onde Benedetti aparece representado na segunda fila.

Traxectoria editar

En 1840 entrou ó servizo do ministerio de exteriores francés, destinárono O Cairo ás ordes do marqués de la Valette, serviu durante oito anos en Exipto, onde era cónsul desde 1845. En 1848 marchou a Palermo como o novo cónsul. En 1851 acompañou como secretario ó marqués a Constantinopla, de onde fora nomeado embaixador.

Durante quince meses durante a guerra de Crimea exerceu de encargado de negocios. En 1855 despois de rexeitar o posto de ministro plenipotenciario en Teherán recibiu destino no ministerio en París e actuou como secretario do congreso en París (1855-1856). Levou os asuntos italianos no ministerio e en 1861 elixírono como o primeiro enviado de Francia diante o rei de Italia pero dimitiu o ano seguinte logo do retiro de Édouard Thouvenel e o aumento do poder do partido antiitaliano. En 1864 recibiu o nomeamento de embaixador en Prusia.

Benedetti permaneceu en Berlín ata o comezo da guerra franco-prusiana e neses anos xogou un importante papel na historia diplomática de Europa. Acompañou ó Estado Maior prusiano no seu avance cara a Viena e axudou a arranxar os preliminares do armiscitico asinado en Nikolsburg e presentou demandas a Bismarck para que Prusia permitise que Francia anexionara Bélxica e Luxemburgo como compensación pola súa neutralidade; aínda que se redactou un tratado no que Prusia apoiaba a anexión de Bélxica nunca chegou a asinarse e se mantivo en segredo pero que se publicou en The Times uns poucos días despois do comezo das hostilidades entre Prusia e Francia en 1870.

Durante 1867 Benedetti realizou xestións para permitir que Francia mercase Luxemburgo ós Países Baixos, pero contou coa oposición de Prusia e da opinión pública en Alemaña. Finalmente a Conferencia de Londres confirmou a independencia de Luxemburgo garantida polas potencias europeas.

En xullo de 1870, cando se fixo pública a candidatura do príncipe Leopoldo de Hohenzollern ó trono de España, Benedetti recibiu instrucións do duque de Gramont para se presentar ó rei de Prusia, que estaba no balneario de Bad Ems, as demandas francesas, pretendendo a retirada da candidatura do príncipe e a súa promesa de non a presentar de novo. As informacións sobre a conversa, que fora informal, deron lugar a un incidente coñecido como o despacho de Ems e que fixeron crer ós alemáns que Benedetti insultara o rei e ós franceses que o rei insultara o embaixador e que serviu de escusa para o comezo da guerra.

Despois da guerra para rexeitar as acusacións que lle fixera o duque de Gramont de fallar no seu labor, escribiu Ma Mission en Prusse (París, 1871). Despois da caída do imperio retirouse a Córsega. En 1895 publicou un volume de Essais diplomatiques e en 1897 unha segunda serie.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Fletcher, Willard Allen (1965). The Mission of Vincent Benedetti to Berlin 1864-1870. Martinus Nijhoff, A Haia.