Vilanova, A Pobra de Trives
Santa María de Vilanova e unha parroquia que pertence ó concello da Pobra de Trives na comarca da Terra de Trives, na provincia de Ourense. En 2011, segundo o IGE, tiña 59 habitantes (34 homes e 25 mulleres).
Vilanova | |
---|---|
Concello | A Pobra de Trives[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°18′32″N 7°16′31″O / 42.309, -7.27513889Coordenadas: 42°18′32″N 7°16′31″O / 42.309, -7.27513889 |
Poboación | 59 hab. (2011) |
Entidades de poboación | 4[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
PatrimonioEditar
No adro da igrexa parroquial hai unha ara romana de grandes dimensións, dedicada a Xúpiter, que data do século II. A ara está modelada con grecas en tres das súas caras superiores e posúe unha inscrición cuxo desenvolvemento total de lectura sería: "SEVERVS,FLAVINI FIL(IVS) IOVI OP(TIMO) M(AXIMO),V(OTUM) L(IBENS) S(OLVIT) M(ERITO)".
O souto de Vilanova ten castiñeiros centenarios. O poeta Pablo Pérez, natural de Vilanova, publicou no seu libro Sementeira de Soños un poema adicado ao souto, "Elexía por un souto".
Feiras e festasEditar
A primeira fin de semana de febreiro, coincidindo coas festas patronais das Candelas e San Brais, celébrase a festa do chourizo. O sábado pola tarde a xente asa os chourizos no adro da igrexa e por entre os castiñeiros do souto pra asar os chourizos nas fogueiras.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de VilanovaEditar
Lugares da parroquia de Vilanova no concello da Pobra de Trives (Ourense) | |
---|---|