A Encomenda, A Pobra de Trives
Santo Antonio da Encomenda é unha parroquia do concello da Pobra de Trives, na provincia de Ourense. Segundo o IGE[2], en 2015 tiña 103 habitantes (46 homes e 57 mulleres), 47 menos ca no 2000. Situada na vertente setentrional da Serra de Queixa a 835 m de altitude, está bordeada polo río San Lázaro e o río Cabalar e atravesada por regato da Retorta.
A Encomenda | |
---|---|
Vista da parroquia da Encomenda dende A Escrita | |
Concello | A Pobra de Trives[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°19′01″N 7°15′22″O / 42.316877777778, -7.2562333333333Coordenadas: 42°19′01″N 7°15′22″O / 42.316877777778, -7.2562333333333 |
Poboación | 94 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 15[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarA igrexa parroquial, do século XIX, está no barrio dos Casares.
Fóra do núcleo de poboación hai varios soutos de castiñeiros na zona do Marzal, San Cosmede e nas beiras do río Cabalar, así como bosques de rebolos dende o Real até Veigas de Reis. Existe unha zona de bidueiros desde as Meas até o Alto do Castelo e Chao do Mouro. O Penedo Grande é unha rocha duns 20 m de altura con vistas a Pobra de Trives.
Lindando coa parroquia de Sobrado, no cumio do monte do Castelo, atópanse os restos dun castelo medieval (segundo as xentes da zona destruído na Guerra da Independencia española). Seguindo a liña do mesmo cumio, na zona chamada a Cividá, atópanse os restos do asentamento castrexo de Poula das Ánimas.
Festas
editarNesta parroquia celébranse a festa da Santa Ana (o primeiro domingo de setembro) e a festa patronal do Santo Antonio (o 17 de xaneiro).
Lugares e parroquias
editarLugares da Encomenda
editarLugares da parroquia da Encomenda no concello da Pobra de Trives (Ourense) | |
---|---|
Acevoso | A Arrotea da Abaixo | A Arrotea de Arriba | Os Carballos | Os Casares | O Cazapedo | A Encomenda | Filgueira | A Lama | O Penedo | A Portela | San Cosmede | Santa Ana | Santo Antonio | O Souto |
Parroquias da Pobra de Trives
editarNotas
editar- ↑ 1,0 1,1 Decreto 332/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o nomenclátor correspondente ás entidades de poboación da Provincia de Orense.
- ↑ IGE (ed.). "IGE - Nomenclátor de Galicia" (en galego). Arquivado dende o orixinal o 30 de decembro de 2020. Consultado o 29 de abril de 2021.