Abrir o menú principal

Vigo Foot-ball Club

(Redirixido desde "Vigo FC")

O Vigo Foot-ball Club foi un equipo de fútbol da cidade de Vigo, fundado no ano 1905.

Vigo F. C.
Vigo-FC-1905.jpg
NomeVigo Foot-ball Club
Fundación1905
Desaparición1913
EstadioCampo de Coia
Coia, Vigo, Galicia Galicia
Na casa

Traxectoria

Vigo foi unha das cidades polas que entrou o fútbol na península, de man de mariñeiros e traballadores británicos. As primeiras demostracións do deporte foron por parte do equipo promovido en 1895 pola empresa británica que estaba instalando o cable telegráfico entre as illas e Vigo para dende alí conectar con Lisboa. Este equipo chamouse Exiles Cable Club e disputou varios encontros contra as tripulacións mercantes e militares británicas de paso polo porto vigués. Pronto se crearon os primeiros equipos mixtos entre galegos e británicos, como por exemplo o Petit FC.

Seguindo o exemplo de Barcelona, onde en 1899 se fundaron o FC Barcelona e o FC Catalá, en Vigo fundouse en 1905 o Vigo Foot-ball Club e o Fortuna Foot-ball Club. O Vigo F.C. vestiría unha camisa metade branca e metade vermella con pantalón branco, e xogaba no Campo de Coia

Dende as súas orixes foi o club referencia e absorbiu en 1906 ao New Club, formado pouco antes, consolidando un proxecto que o levou a disputar a final do Campionato de España en 1908 ante o Real Madrid, final que perdeu por 2-1.

En 1910 absorbe ao Español FC e no ano 1911 planéase a fusión co Sporting Club[1] que se concreta en 1913 formando o Vigo Sporting Club[2][3], que tres anos despois recibiu o título de Real, pasando a ser o Real Vigo Sporting Club. Este á súa vez uniuse ao Real Club Fortuna de Vigo para dar lugar ao nacemento do Real Club Celta de Vigo no ano 1923.

Palmarés

Notas

  1. "El Sporting Club. Acuerdos importantes". Noticiero de Vigo nº 10.989 (en castelán). 3 de agosto de 1911. p. 1. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 15 de outubro de 2015. 
  2. "Notas deportivas. Fusión del Vigo y el Sporting". Noticiero de Vigo nº 11.537 (en castelán). 30 de setembro de 1913. p. 2. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 15 de outubro de 2015. 
  3. "Galicia. Pontevedra". La voz de la verdad nº 951 (en castelán). 1 de outubro de 1913. p. 4. 

Vexase tamén