Victoria Vera

actriz española

Victoria Pérez Díaz, coñecida artisticamente como Victoria Vera, nada en Madrid o 19 de febreiro de 1956, é unha actriz española.[1][2]

Infotaula de personaVictoria Vera

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Victoria Pérez Díaz Editar o valor em Wikidata
19 de febreiro de 1953 Editar o valor em Wikidata (71 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de cinema , actriz de televisión , actriz de teatro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0893581 Allocine: 480116 Editar o valor em Wikidata

Comezou a súa carreira nos anos finais da ditadura franquista, sendo considerada a Musa da Transición Española. Rodou con estrelas como Anthony Quinn, Omar Sharif e o cantante Alice Cooper, e durante os anos 1980 protagonizou algunhas das películas máis significativas do cine español como Asignatura aprobada (finalista no Óscar á mellor película estranxeira en 1988) e Testigo Azul, de P. Rodríguez, que participou no Festival de Cine de Berlín. A partir da década de 1990 o seu traballo centrouse máis no mundo da televisión e do teatro.

Traxectoria editar

Elixiu Vera como apelido artístico en alusión a Vera de Bidasoa, localidade navarra que frecuentou na nenez.

Aos catro anos comeza a estudar ballet clásico, e aos trece inicia os seus estudos de interpretación na Escola Independente de Teatro TEM, Teatro Estudo de Madrid, onde o profesor estadounidense William Layton, membro do Instituto de Teatro e Cine Lee Strasberg de Nova York, impartía clases maxistrais tendo como referencia fundamental e base de traballo o Método, o famoso e controvertido Método de Constantin Stanislavski. O grupo TEI (Teatro Experimental Independente) xa formado polos alumnos máis avanzados, é ao que Vitoria se incorporará un ano despois, sendo a súa primeira actuación teatral Terror y miseria del Tercer Reich, de Bertolt Brecht e no Pequeño Teatro Noite de reis de William Shakespeare e Oh papá, pobre papá, de Arthur Kopit.

Nos escenarios, como actriz profesional, debutou interpretando a Ana no papel protagonista de El diario de Ana Frank, adaptación teatral do famoso libro. Foi das primeiras actrices en rebelarse contra a censura, protagonizando un espido sobre as táboas dun escenario ao desprenderse do imperdible que suxeitaba a túnica sobre o seu escote na obra Por que corres, Ulises? de Antonio Gala.

Toda unha carreira chea de interpretacións inesquecibles, foi sempre unha referencia de liberdade, polo que é considerada a musa da Transición, afrontando grandes retos teatrais de risco, valentía e transcendencia cultural. Así, traballou con lendas do cine como Omar Sharif, Anthony Quinn, Alida Valli, Peter Fonda, Fernando Rei e mesmo co pintoresco cantante de rock Alice Cooper (na película Monster Dog).

En setembro de 2011, no contexto do 35º aniversario da publicación, saíuna revista Interviú.

Conta no seu haber con numerosos premios e distincións polos seus traballos en cine, teatro e televisión.

Filmografía editar

Cine editar

  • Family Express con Peter Fonda, dirixida por Georges Nicolas Hayek, coproducción U.S.A.-Italia
  • Asignatura aprobada de José Luis Garci, nomeada ó Óscar de Hollywood de 1988.
  • Rebeldía con Fernando Rey, dirixida por Andrés Velasco
  • Mi querido ministro, coprodución U.R.S.S.-España, dirixida por Sebastián Alarcón
  • Celos, amor y Mercado Común.
  • El niño de su mamá, coprodución España-México.
  • Black Jack, coprodución España-U.S.A.
  • El colegio de la muerte
  • La desconocida
  • Fulanita y sus menganos de Pedro Lazaga.
  • Monster Dog (o Leviatán) de Claudio Fragasso, con Alice Cooper, coprodución U.S.A.-Italia
  • Panic Makers, coprodución U.S.A.-México dirigida por R. Cardona, con Stuart Whitman e Marisa Mell.
  • Testigo azul de Francisco Rodríguez.
  • En mil pedazos, coprodución España-México.
  • La diputada de J. Aguirre
  • Gorilas a todo ritmo, produción U.S.A.
  • Mujercitas con Omar Sharif, produción italiana.
  • Acosada, de Sebastián D'Arbó
  • El vivo retrato de Mario Menéndez
  • Mamá, levántate y anda dirixida por Andrés Velasco
  • Los nuevos españoles
  • De profesión: polígamo
  • Pasión de hombre, con Anthony Quinn, produción U.S.A.
  • Las adolescentes de Pedro Masó.
  • El mundo dentro de tres días, curta dirixida por Diego Galán.
  • Muñecas curta dirixida por Paco Pérez.

Teatro editar

  • Salomé (2016), de Oscar Wilde, con dirección de Jaime Chávarri.
  • La decente (2008), de Miguel Mihura, con dirección de Gustavo Pérez Puig e Mara Recatero.
  • La bella Dorotea (2006), de Miguel Mihura.
  • La canasta (2002), de Miguel Mihura.
  • La Serrana de la Vera de Luis Vélez de Guevara.
  • Marramiau, de Edgar Neville.
  • El yermo de las almas de Valle-Inclán, dirixida por Miguel Narros, debut no Teatro María Guerrero.
  • Un golpe de suerte (obra de teatro) de Juan José Alonso Millán.
  • En el hoyo de las agujas. Monólogo do autor teatral José Luis Miranda Roldán, que foi premio Lope de Vega 1995.
  • Lulú de Frank Wedekin (1993)
  • Tristana de Benito Pérez Galdós (1993).
  • La tumba de Antígona (1992) de María Zambrano.
  • Las amargas lágrimas de Petra von Kant de Fassbinder, dirixida por Manuel Collado.
  • La chica del asiento de atrás (1983), de Bernard Slade.
  • Lorenzaccio de Alfred de Musset no papel de Lorenzaccio.
  • Fedra (1981) de Séneca.
  • Lisístrata (1980), de Aristófanes.
  • Don Carlos de Friedrich Schiller, dirigida por José Carlos Plaza.
  • El adefesio (1976), de Rafael Alberti, dirixida por José Luis Alonso.
  • Cementerio de automóviles de Fernando Arrabal, dirixida por Víctor García.
  • ¿Por qué corres Ulises? (1975) de Antonio Gala.
  • Canta, gallo acorralado de Sean O'Casey, dirección de Adolfo Marsillach.
  • Niebla de Miguel de Unamuno
  • Diario de Ana Frank

Televisión editar

  • Estudio 1 (La muchacha sin retorno, Judith, La casa del viento, Raíces, Don Gil de las calzas verdes).
  • El teatro, (Panorama desde el puente, 1976).
  • La saga de los Rius (1976-1977).
  • Eva a las diez (1977)
  • Cañas y barro (1978).
  • Los ricos también lloran (1979-1980)
  • Las pícaras (1983)
  • El jardín de Venus (1983-1984).
  • Ninette y un señor de Murcia (1984).
  • Delitti privati (1993)
  • Dame un beso (2004)
  • Mira quien baila (2007)
  • Entre visillos de Carmen Martín Gaite con dirección de Miguel Picazo.

Ademais de presentacións en TVE de numerosos programas musicais (Señoras y señores!) e de fin de ano.

Notas editar

  1. "Autorretrato: Victoria Vera RTVE Play" (en castelán). 2014-03-21. Consultado o 2023-08-04. 
  2. "Victoria Vera". Consultado o 10 de julio de 2020.