Abrir o menú principal

Vicerreinado de Nova Granada

O Vicerreinado de Nova Granda (en castelán: Virreinato de Nueva Granada), tamén coñecido como Vicerreinado de Santafé ou Vicerreinado do Novo Reino de Granada, foi unha entidade territorial, integrante do Imperio Español, estabelecida pola Coroa (1717-1723, 1739-1810 e 1816-1819) na derradeira fase da colonización española de América. Foi creado polo rei Filipe V en 1717 dentro da nova política dos borbóns e suspendido en 1723, por problemas financeiros, sendo reinstaurado en 1739 até que o movemento independentista o disolve de novo en 1810. En 1815, foi reconquistado polo exército do rei Fernando VII, sendo novamente restaurado, até que o exército libertador logrou a súa independencia definitiva do poder español en 1819.

Vicerreinado de Nova Granada
Virreinato de Nueva Granada
(en castelán)
1717–1819
Bandeira Escudo
Expansión do Vicerreinado de Nova Granada"
Capital Santafé de Bogotá
Lingua Castelán
Linguas chibchas, aruacas, barbacoanas e caribes.
Relixión Catolicismo
Goberno Vicerrei
Rei
 • 1700 - 1746 Filipe V
 • 1808 - 1819 Fernando VII
Vicerrei
 • 1718 - 1719 Antonio Ignacio de la Pedrosa y Guerrero
 • 1821 Juan de la Cruz Mourgeon
Historia
 • Conquista española 1717
 • Independencia 1819
Poboación
 • 1778 est. 826.550[1] 
 • 1789 est. 1.349.089[2] 
 • 1810 est. 2.150.000[3] 
Moeda Peso

A capital do vicerreinado foi Santafé (Bogotá).[4] O escudo de armas do vicerreinado foi herdado por Bogotá, que o conserva como insignia.

NotasEditar

  1. "Censo cuenta 826.550 habitantes en la Nueva Granada". Biblioteca Luis Ángel Arango. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2013. Consultado o 5 de agosto de 2013. 
  2. Marta Herrera Ángel. "Las divisiones político administrativas del virreinato de la Nueva Granada a finales del período colonial". Biblioteca Luis Ángel Arango. Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2013. Consultado o 5 de agosto de 2013. 
  3. Agustín Codazzi; Manuel María Paz; Felipe Pérez (1889). Atlas geográfico e histórico de la República de Colombia. Imprenta A. Lahure. OCLC 7859879. 
  4. "Se restablece el Virreinato de la Nueva Granada". Biblioteca Luis Ángel Arango. Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2012. Consultado o 5 de agosto de 2012. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar