Vicente Ramos Rodríguez
Vicente Ramos Rodríguez, nado en Pedrouzos (Brión) o 7 de febreiro de 1870 e finado en Santiago de Compostela en novembro de 1938,[1] foi un empresario e filántropo galego.
Vicente Ramos Rodríguez | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 7 de febreiro de 1870 |
Lugar de nacemento | Brión |
Falecemento | novembro de 1938 |
Lugar de falecemento | Santiago de Compostela |
Nacionalidade | España |
Ocupación | empresario e filántropo |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Nado en Pedrouzos en 1870, con 13 anos emigrou a Arxentina. Comezou vendendo periódicos na rúa e acabou converténdose nun próspero empresario. Fundou a primeira compañía de autobuses arxentina, colaborou na reconstrución do Teatro Colón de Buenos Aires e abriu un negocio a carón da estación de trens da mesma cidade.
Vicente Ramos colaborou no crecemento e prosperidade de Brión: o primeiro alumeado do Tremo, o espazo da feira de Brión na Carballeira de Santa Minia, a fonte de Hermes ou Mercurio, deus do comercio e a gandería, doada en 1913, o campo do mercado do Tremo onde se encargou incluso de que plantaran árbores e a actual biblioteca e a antiga parte baixa do Concello foron promocionadas por el.
Simpatizante da causa republicana, nunca se comprometeu politicamente, o que, sumado ao respecto que se lle tiña, lle procurou unha situación tranquila tras estalar a Guerra Civil Española. Ao ano seguinte sobreveulle a morte dun ataque cardíaco na parroquia dos Ánxeles.
Galería de imaxesEditar
|
NotasEditar
- ↑ El Compostelano, 21-11-1938, p. 2.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Biografía en infobrionArquivado 20 de marzo de 2008 en Wayback Machine.