Vicente Capdevila

político español


Vicente Capdevila Cardona (Hospitalet de Llobregat, 28 de outubro de 1936-21 de marzo de 2020) foi un avogado e político español.[1][2]

Infotaula de personaVicente Capdevila

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(ca) Vicenç Capdevila i Cardona Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento28 de outubro de 1936 Editar o valor em Wikidata
L'Hospitalet de Llobregat, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de marzo de 2020 Editar o valor em Wikidata (83 anos)
L'Hospitalet de Llobregat, España Editar o valor em Wikidata
Causa da morteCOVID-19 Editar o valor em Wikidata
Cargos
Alcalde de Hospitalet de Llobregat
Período3 de abril de 1973 – 1977
AntecesorJosé Matías de España Muntadas
SucesorJuan Perelló Masllorens
  Deputado en Cortes Generales de España
Período4 de julio de 1977 – 2 de enero de 1979
  Deputado del Parlamento de Cataluña
Período10 de abril de 1980 – 20 de marzo de 1984
Datos persoais
ResidenciaL'Hospitalet de Llobregat Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Deusto - licenciatura en Dereito (–1959) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid
Barcelona Editar o valor em Wikidata
OcupaciónAvogado
EmpregadorUniversidade de Barcelona (1963–1973)
Crédito y Caución (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Partido políticoUCD
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata


Dialnet: 4471621

Biografía

editar

Licenciado en Dereito pola Universidade de Deusto foi vicepresidente da Asociación de Antigos Alumnos de Deusto. En 1964 foi nomeado concelleiro do terzo corporativo na súa cidade natal e foi tenente de alcalde de Cultura até 1971.[2]

O 3 de abril de 1973 tomou posesión como alcalde de Hospitalet de Llobregat, ocupando o cargo até 1977.[3] Foi vicepresidente da Corporación Metropolitana de Barcelona e deputado provincial. Nas eleccións xerais de 1977 foi elixido deputado da UCD pola circunscrición electoral de Barcelona.[4]

Entre o 3 de xuño de 1978 e o 18 de xaneiro de 1980 foi director xeneral de Administración Local do Ministerio de Administración Territorial.[5][6]

Nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 1980 foi elixido deputado de Centristes de Catalunya-UCD por Barcelona e permaneceu no cargo até maio de 1984, aínda que en xullo de 1983 pasou ao Grupo Mixto.[7]

Faleceu aos oitenta e tres anos o 21 de marzo de 2020 a consecuencia da COVID-19. Foi un dos primeiros políticos de Cataluña falecidos a consecuencia da pandemia por enfermidade de coronavirus.[8][1][9]