Verónica Codesal
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2012.) |
Verónica Codesal, nada en Uccle (Bélxica) o 16 de setembro de 1977 é unha cantante galega-belga, membro dos grupos Urban Trad e Ialma.
![]() ![]() | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de setembro de 1977 ![]() Uccle, Bélxica ![]() |
Actividade | |
Campo de traballo | Artes escénicas ![]() |
Ocupación | cantante ![]() |
Xénero artístico | World music ![]() |
Instrumento | Voz ![]() |
Participou en | |
1956 | Festival de Eurovisión ![]() |
![]() ![]() ![]() ![]() |
Traxectoria
editarFilla de emigrantes de Guitiriz en Bélxica e ela mesma nada e criada aló, Verónica Codesal é profesora do grupo de danza tradicional de Bruxelas Foliada, e vocalista, pandeireteira e gaiteira dos grupos Ialma, Camaxe e Urban Trad. Ten participado nas actividades de Muziekpublique, un organismo que ten por obxectivo promover as músicas do mundo en Bélxica.
Eurovisión
editarCon este conxunto participou no Festival de Eurovisión, na súa edición de 2003, co que se converteu na primeira galega en facelo. Urban Trad, que representou a televisión belga coa canción "Sanomi", composta nun idioma inventado polo grupo, conseguiu 165 puntos, e quedou na segunda praza por detrás de Turquía.
Foi membro activo da Plataforma Nunca Máis en Bruxelas.
En 2023 presentou o seu novo proxecto 100 voltas xunto a Didier Laloy e Damien Chierici, un conxunto de temas con influencias de diversos xéneros e procedencias musicais, e con letras de Rosalía Fernández Rial, Lucía Aldao, Yolanda Castaño, Brais Fernandes etc.[1]
Notas
- ↑ "A cantora galaico-belga Verónica Codesal presenta o seu novo proxecto na Illa de Arousa". Pontevedra Viva. 2023-07-24. Consultado o 2023-07-27.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Vídeo de 100 VOLTAS - Cachondemia - YouTube