Urban Trad
Urban Trad é un grupo belga fundado no ano 2000, que interpreta música baseada nos sons tradicionais dos folcores europeos, predominando a música celta. Un dos seus membros, Verónica Codesal, é unha cantante galega filla de emigrantes de Guitiriz en Bélxica. As seccións rítmicas modernas, ó tempo que o rock e música electrónica, achegan o toque actual ás súas composicións.
Urban Trad | |
---|---|
![]() Urban Trad nun concerto no 2006 | |
Orixe | ![]() |
Período | 2000-2012 |
Xénero(s) | Folk New Age |
Selo(s) discográfico(s) | Coop Breizh |
Membros | Yves Barbieux Sophie Cavez Verónica Codesal Soetkin Collier Philip Masure Michel Morvan (†) Dirk Naessens Cédric Waterschoot |
Antigos membros | Didier Laloy Marie-Sophie Talbot Perry Rose |
Na rede | |
http://www.urbantrad.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Urban Trad representou a Bélxica no Festival de Eurovisión 2003 con Sanomi, unha canción interpretada nunha lingua imaxinaria. Esta lingua imaxinaria permitiulles non ter que escoller entre unha das tres linguas nacionais de Bélxica (francés, neerlandés e alemán). Con Sanomi, o grupo acadou a segunda posición con consurso celebrado en Riga, Letonia, a só dous puntos do gañador dese ano, Turquía.
MembrosEditar
- Yves Barbieux: frautas e gaita
- Verónica Codesal: voz
- Soetkin Collier: voz
- Sophie Cavez (anteriormente Didier Laloy): acordeón diatónico
- Philip Masure: guitarra acústica
- Michel Morvan: Tambores (finado o 3 de xullo de 2010)
- Dirk Naessens: violín
- Marie-Sophie Talbot: voz, piano e percusión
- Cedric Waterschoot: baixo
DiscografíaEditar
Álbums de estudioEditar
Ano | Título | Clasificación | |||
---|---|---|---|---|---|
Bélxica | |||||
2001 | One O Four | - | |||
2003 | Kerua | 4 | |||
2004 | Elem | 47 | |||
2007 | Erbalunga | 32 |
CompilaciónsEditar
Ano | Título | Clasificación | |||
---|---|---|---|---|---|
Bélxica | |||||
2010 | Urban Trad : The Best Of | - |