Venancio Seoane García

sindicalista e político galego

Venancio Seoane García, nado na Coruña cara a 1887[1] e finado na mesma cidade o 9 de agosto de 1936, foi un sindicalista e político galego.

Venancio Seoane García
Nacementoanos 1880
Lugar de nacementoA Coruña
Falecemento9 de agosto de 1936
Lugar de falecementoA Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónsindicalista e político
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Camareiro. Afiliado ao PSOE e a UGT, era dirixente das Juventudes Socialistas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido canda outros dirixentes sindicais pola continuación da folga xeral. Acusado dos delitos de desobediencia e incumprimento dos bandos de guerra, foi executado no Campo da Rata da Coruña o 9 de agosto canda Cipriano Alvite Alonso, Jaime Rodríguez García, Francisco Ballón Pequeño, Julio Sabio Sanmartín e José Quintas Pena.[2]

Notas editar

  1. Faleceu con 48 anos
  2. El Eco de Santiago, 11-8-1936, p. 2.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • A represión franquista na comarca da Coruña. Vidas na memoria. A Coruña: Laiovento. 2011. p. 204. ISBN 978-84-8487-288-7. 

Ligazóns externas editar