Julio Sabio Sanmartín
sindicalista galego
Julio Sabio Sanmartín, nado na Coruña cara a 1895 ou 1896[1] e finado na mesma cidade o 9 de agosto de 1936[2], foi un sindicalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1896 A Coruña, España |
Morte | 9 de agosto de 1936 (39/40 anos) |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista |
Traxectoria
editarTesoureiro do Sindicato de Traballadores de Oficinas da UGT, exerceu como apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido canda outros dirixentes sindicais pola continuación da folga xeral. Acusado dos delitos de desobediencia e incumprimento dos bandos de guerra, foi executado no Campo da Rata da Coruña o 9 de agosto canda Cipriano Alvite Alonso, Jaime Rodríguez García, Francisco Ballón Pequeño, Venancio Seoane García e José Quintas Pena.[3]
Vida persoal
editarCasado con Teresa Fernández Rodríguez, tiña catro fillos.
Notas
editar- ↑ Faleceu con 40 anos.
- ↑ Non obstante, o Diccionario Biográfico del Socialismo Español dá como data de defunción o 14 de agosto.
- ↑ El Eco de Santiago, 11-8-1936, p. 2.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- A represión franquista na comarca da Coruña. Vidas na memoria. A Coruña: Laiovento. 2011. p. 195. ISBN 978-84-8487-288-7.