Abrir o menú principal

José Quintas Pena

político galego

José Quintas Pena, nado na Coruña e finado na mesma cidade o 9 de agosto de 1936, foi un político galego.

José Quintas Pena
 A Coruña
Falecemento9 de agosto de 1936
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Electricista. Militante da UGT e membro da Agrupación Socialista da Coruña, na que ocupou cargos directivos. Foi administrador de Acción Socialista. Foi apoderado da candidatura da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936. Delegado provincial do PSOE, co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido canda outros dirixentes sindicais pola continuación da folga xeral. Acusado dos delitos de desobediencia e incumprimento dos bandos de guerra, foi executado no Campo da Rata da Coruña o 9 de agosto canda Cipriano Alvite Alonso, Jaime Rodríguez García, Francisco Ballón Pequeño, Venancio Seoane García e Julio Sabio Sanmartín.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • A represión franquista na comarca da Coruña. Vidas na memoria. A Coruña: Laiovento. 2011. p. 179. ISBN 978-84-8487-288-7. 

Ligazóns externasEditar