Venancio Cibeira Rodríguez
Venancio Cibeira Rodríguez, nado en Tui en 1911 e finado no mesmo concello o 9 de decembro de 1936, foi un político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1911 Tui, España |
Morte | 9 de decembro de 1936 (24/25 anos) Tui, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | político |
Traxectoria
editarVeciño de Guillarei. Factor na estación ferroviaria do Porriño. Presidente da Sociedade Cultural Recreativa de Guillarei. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi multado a finais de agosto con 500 pesetas pola súa actitude respecto a forza armada. Detido e xulgado en Vigo por rebelión militar o 25 de novembro,[1] foi condenado a pena de morte. Foi executado en Tui, na explanada traseira do edificio do Instituto o 9 de decembro de 1936 con Brasilino Álvarez Sobrino, Juliano Díez Álvarez, Adelaido Barredo Sueiro, Camilo Carrero Lorenzo, Manuel Vicente Portela, Francisco Lloret Gándara, Antonio Rodríguez Rodríguez, Francisco Fandiño Piñeiro e Manuel Gómez Besada.[2]
Vida persoal
editarCasou en 1935 con Delia Andrés Páramos.[3]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Paz Antón, Xosé Ramón (2007). O Porriño 1936. Vigo: A Nosa Terra. p. 163. ISBN 978-84-8341-157-5.