Camilo Carrero Lorenzo

político galego

Roque Camilo Carrero Lorenzo, nado en Camposancos (A Guarda) o 16 de agosto de 1884 e finado en Tui o 9 de decembro de 1936, foi un político galego.

Infotaula de personaCamilo Carrero Lorenzo
Biografía
Nacemento16 de agosto de 1884 Editar o valor em Wikidata
Camposancos, España Editar o valor em Wikidata
Morte9 de decembro de 1936 Editar o valor em Wikidata (52 anos)
Tui, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióncomerciante Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Veciño de Camposancos. Estivo emigrado na República Dominicana, traballou en Santo Domingo na firma Munne e despois fundou a sociedade García & Carrero e máis tarde asociosuse con Vega, Pérez & Company. Retornou á Guarda en 1930 e construíu a Casa das Torres. Coa proclamación da Segunda República foi nomeado segundo tenente de alcalde da xestora municipal. Militou no PSOE, foi presidente da Casa do pobo e concelleiro e tenente alcalde da Guarda. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido. Xulgado en Vigo por rebelión militar, foi condenado a pena de morte. Foi executado en Tui, na explanada traseira do edificio do Instituto o 9 de decembro de 1936 con Brasilino Álvarez Sobrino, Juliano Díez Álvarez, Adelaido Barredo Sueiro, Manuel Vicente Portela, Francisco Lloret Gándara, Antonio Rodríguez Rodríguez, Francisco Fandiño Piñeiro, Venancio Cibeira Rodríguez e Manuel Gómez Besada.[1]

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 10-12-1936, p. 9.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar