Brasilino Álvarez Sobrino
político español
Brasilino Honorio Álvarez Sobrino, nado na Guarda en 1896 e finado en Tui o 9 de decembro de 1936, foi un político republicano galego.
Brasilino Álvarez Sobrino | |
---|---|
Nacemento | 1896 |
A Guarda | |
Falecemento | 9 de decembro de 1936 |
Tui | |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Foi un dos fundadores da Agrupación Republicana da Guarda. Elixido concelleiro da Guarda en 1931. Foi militante de Izquierda Republicana e despois fundador e presidente do Partido Galeguista da Guarda. Foi elixido alcalde da Guarda o 15 de xuño de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 presidiu o Comité de Defensa da República. Acusado de rebelión militar, foi fusilado na alameda de Tui.
Ten unha rúa adicada o seu nome no seu concello natal da Guarda.
Predecesor: Manuel Noya Gil |
Alcalde da Guarda 15/6/1936 - 27/7/1936 |
Sucesor: Francisco Moreno Álvarez |
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Breve biografía e documentos
- Brasilino Álvarez Sobrino na páxina web Nomes e Voces.