Víctor Lantes

militar galego

Víctor Manuel Lantes Vedruné, nado na Coruña o 9 de febreiro de 1919 e finado en París o 19 de agosto de 2007, foi un militar galego.

Infotaula de personaVíctor Lantes
Biografía
Nacemento9 de febreiro de 1919 Editar o valor em Wikidata
A Coruña, España Editar o valor em Wikidata
Morte19 de agosto de 2007 Editar o valor em Wikidata (88 anos)
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmilitar Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega, lingua castelá e lingua francesa Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Neto de Guillermo Vedruné Sabot. Os seus pais, Manuel Lantes e Victoria Vedruné, tiñan unha taberna preto da estación de tren de San Cristovo. En 1923 tivo que fuxir coa súa familia ante a represión por dar acubillo e axuda a varios líderes sindicais. Medrou en Baiona coa avoa e uns tíos mentres os seus pais marcharon a Cuba. A nai regresou e marcharon para Alxer, e o pai foise para Nova York. Ao volver o pai puxeron un comercio de comestibles.

Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 Víctor traballaba nunha fábrica como mecánico axustador e militaba nas mocidades do Partido Comunista. A comezos de 1937 foi mobilizado en artillaría. Lantes escapou, chegou en barco a Marrocos, onde foi detido. Preso no penal de Oudja, controlado por simpatizantes do réxime de Vichy fixéronlle unha oferta para alistarse na Lexión Estranxeira e mandárono conter o avance dos ingleses e americanos. Desertou aos tres meses e alistouse na 2ª División Blindada do xeneral Leclerc en xullo de 1943. Desembarcaron en Europa, e a súa unidade loitou en Laval, Argentan e nas batallas de Écouché e do bosque de Écouves. Chegaron a Anthony, nos arrabaldes de París, onde sorprenderon as forzas alemás e dispersáronas con fogo de morteiro abrindo camiño para que La Nueve entrase na capital francesa.

Vida persoal editar

Casou en Francia e tivo dous fillos.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Mesquida Mas, Evelyn (2008). La Nueve. Los españoles que liberaron París. Barcelona: Ediciones B. ISBN 978-84-666-2070-3. 

Ligazóns externas editar