Víctor Eimil

futbolista galego

Víctor Eimil García, nado en Vilalba o 18 de xaneiro de 1999, é un futbolista galego que xoga como lateral dereito no Real Unión, da Primeira División RFEF.

Víctor Eimil
Información persoal
Nome Víctor Eimil García
Nacemento 18 de xaneiro de 1999
Lugar de nacemento Vilalba
Posición Lateral dereito
Información de club
Club actual Real Unión
Número 19
Carreira xuvenil
2004–2014 Racing Vilalbés
2014–2017 Deportivo da Coruña
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2017–2020 Fabril 14 (0)
2017–2019 Laracha 49 (0)
2020–2022 Arenteiro 52 (7)
2022–2023 Hércules 23 (1)
2023– Real Unión 9 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 5 de novembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a xogar ao fútbol na canteira do Racing Vilalbés, onde tivo como adestrador a Paco Corredoira, técnico que deixou unha profunda pegada nel, especialmente trala morte de seu pai.[1] En segundo ano de cadete incorporouse ao Deportivo da Coruña, do que era afeccionado dende pequeno.[2]

No seu primeiro ano no Deportivo xogou como extremo xunto a Boedo e Mosquera, anotando máis de 20 goles cada un deles.[1] Con todo, na súa etapa no equipo xuvenil foi reconvertido como lateral dereito. En 2017 saíu cedido ao Laracha, club que en 2018 se converteu no segundo filial deportivista, e no que Eimil xogou durante dúas campañas en Terceira División. Na segunda delas disputou os seus primeiros partidos co Fabril, na Segunda División B, e no 2019/20 converteuse en xogador fabrilista a tódolos efectos, xa en Terceira, tralo descenso do filial na tempada anterior.

Entre 2020 e 2022 xogou no Arenteiro, proclamándose na súa primeira tempada campión da Terceira División e ascendendo así á Segunda División RFEF. Na 2021/22 foi titular na vitoria sobre a SD Logroñés na Copa do Rei e no histórico partido contra o Valencia no Espiñedo.[3][4] Disputou un total de 54 encontros co club do Carballiño, anotando 7 goles.

A continuación xogou un ano no Hércules, tamén de Segunda RFEF, xogando 24 partidos e marcando un gol. Para a tempada 2023/24 aceptou unha oferta do Real Unión, da Primeira División RFEF, equipo adestrado polo galego Fran Justo e onde coincidiu co tamén galego Antón Escobar.[5]

Palmarés editar

Arenteiro

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Foguete vilalbés dirección fútbol profesional". 18 de xullo de 2022. Consultado o 5 de novembro de 2023. 
  2. Miranda, Carlos (31 de outubro de 2023). "Víctor Eimil: “En mi casa siempre hubo banderas, cuadros y tazas del Deportivo”". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023. 
  3. Rodríguez, Luis M. (2 de decembro de 2021). "O Arenteiro apea ao Logroñés e soña cun Primeira en Espiñedo". La Voz de Galicia. Consultado o 5 de novembro de 2023. 
  4. Álvarez, Fernando (16 de decembro de 2021). "El Valencia sufre un tormento antes de tumbar a un inmenso Arenteiro". Marca (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023. 
  5. Pereira, Eder (4 de novembro de 2023). "El Real Unión más 'gallego'". DxT Campeón (en castelán). Consultado o 5 de novembro de 2023.