Víctor Castro Rodríguez

farmacéutico, xornalista e escritor galego

Víctor Castro Rodríguez, nado en Negreira o 20 de xaneiro de 1879 e finado en Ferrol o 16 de febreiro de 1942,[1] foi un farmacéutico, xornalista e escritor galego.

Víctor Castro Rodríguez
Nacemento20 de xaneiro de 1879
 Negreira
Falecemento16 de febreiro de 1942
 Ferrol
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónfarmacéutico, xornalista e escritor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo de Feliciano Castro e Daría Rodríguez Abente, que era curmá de Eduardo Pondal. Fixo a carreira de Farmacia, que rematou en 1903, establecendo unha farmacia en Santa Comba. Publicou os seus primeiros poemas na Revista Gallega, utilizando en ocasións o pseudónimo Vícaro. Foi redactor de El Eco de Santiago, colaborou en El Eco de Mugía, Almanaque Gallego e dirixiu a revista Santiago nos seus últimos números. En 1906 emigrou a México, onde permaneceu até 1928. Ao seu regreso estableceu unha farmacia en Ferrol. Na Segunda República foi elixido presidente da xunta directiva de Renovación Española de Ferrol en novembro de 1935.[2]

Vida persoalEditar

Casou en Muxía con Faustina Lastres Lastres en 1905,[3] e foi pai de María del Carmen, Víctor e María Victoria Castro Lastres.

NotasEditar

  1. Necrolóxica en El Correo Gallego, 17-2-1942, p. 3.
  2. El Correo Gallego, 17-11-1935, p. 1.
  3. El Eco de Santiago, 12-9-1905, p. 2.