Arcanxo Uriel

(Redirección desde «Uriel»)

Uriel (hebreo: אוּרִיאֵל; grego: Ουριήλ; copto: ⲟⲩⲣⲓⲏⲗ; «Deus é a miña luz» ou «lume de Deus»), é, nas tradicións xudía e cristiá, un arcanxo que serve como mensaxeiro de Deus. Aparece nas mencións no libro Zohar, 2 Esdras, Libro de Enoc e outra literatura esotérica.[1]

San Uriel
Mosaico na igrexa anglicana St John’s Church, Warminster, Wiltshire.
Proceso de canonización
Veneración
Venerado/a enXudaísmo rabínico, Igrexa anglicana, Igrexa ortodoxa, Igrexas ortodoxas orientais, Igrexas católicas orientais, Catolicismo folclórico
Festividade29 de setembro (occidental), 8 de novembro (oriental)

No cristianismo editar

A Igrexa católica só recoñece a tres arcanxos mencionados na Biblia: Miguel, Gabriel e Rafael. Pero, segundo algunhas tradicións xudías e cristiás, hai catro ou sete arcanxos, Uriel é xeralmente o cuarto.[2] É venerado como un santo arcanxo na Comuñón anglicana, Igrexas católicas orientais, Igrexa ortodoxa, Igrexa ortodoxa copta, Igrexa etíope tewahedo, Igrexa eritrea tewahedo e no Cristianismo esotérico.

Galería editar

Notas editar

  1. Gutmann, Joshua. "Uriel". jewishvirtuallibrary.org (en inglés). Consultado o 13 de marzo de 2019. 
  2. Singer, Isidore; Blau, Ludwig. "URIEL". jewishencyclopedia.com (en inglés). Consultado o 13 de marzo de 2019. 

Véxase tamén editar