Urania Mella

política galega
(Redirección desde «Urania Mella Serrano»)


Urania Mella Serrano, nada en Vigo o 15 de novembro de 1899 e finada en Lugo o 26 de maio de 1945, foi unha política galega e precursora do asociacionismo feminino. Filla do pensador anarquista Ricardo Mella Cea e mais de Esperanza Serrano, á súa vez filla de Juan Serrano Oteiza, coñecido anarquista madrileño e fundador da La Revista Social, foi presidenta da sección viguesa da Unión de Mulleres Antifascistas, así como membro do Socorro Rojo Internacional.

Infotaula de personaUrania Mella co seu home, Humberto Solleiro.
Biografía
Nacemento(es) Urania Mella Serrano Editar o valor em Wikidata
15 de novembro de 1899 Editar o valor em Wikidata
Vigo
Morte26 de maio de 1945 Editar o valor em Wikidata (45 anos)
Lugo
Cargos
Presidenta da UMA
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónPolítica e mestra
Partido políticoUnión de Mulleres Antifascistas
Membro de
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeHumberto Solleiro Editar o valor em Wikidata
PaiRicardo Mella Editar o valor em Wikidata
IrmánsRicardo Mella Serrano Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Muller moi culta e comprometida socialmente, foi mestra de piano e estudou Belas Artes na Escola de Artes e Oficios de Vigo. Dende moi nova dedicou a súa vida á defensa da muller, comezando a ensinar a ler ás mulleres do barrio de Lavadores, para continuar logo dende a UMA.

 
Buque Urania Mella de loita contra a contaminación, SASEMAR.[1]

Tras o golpe de estado de 1936 intentou defender o barrio, xunto co seu home Humberto Solleiro Rivera, para logo fuxir cara a Redondela, onde foron detidos. Foi condenada á morte en consello de guerra, mais logo foille conmutada a condena pola de trinta anos; non así a do seu home, que foi fusilado. Xa viúva e deixando en Vigo catro fillos, foi encadeada no penal de Santurrarán, Guipúscoa, onde pasou mais de 9 anos. Ao quedar libre marchou co seu fillo Raúl a vivir a Lugo, no lar de María Gómez González, onde ficou ata a súa morte.

Recoñecementos editar

O concello de Vigo decidiu no pleno do 31 de marzo de 2008 dedicarlle unha rúa da cidade.[2] e o Ministerio de Fomento deulle o seu nome ao buque anticontaminación que foi botado no outubro do 2008[3]. Este último acto non foi alleo á polémica, ao non seren invitados os achegados[4][5].

Sobor da vida das mulleres encarceradas na cadea de Santurrarán foi presentado no Festival de cine de San Sebastián do 2010, o documental de Txaber Larreategi e Josu Martínez Prohibido recordar que protagonizan as fillas da política galega Alicia e Conchita.[6]

 
Placa na rúa de Vigo.

A 15 de decembro de 2010 e en cumprimento da Lei 52/2007, do 26 de decembro, mediante a cal a democracia española honra a quen padeceron inxusta persecución durante o golpe de estado de 1936 e a ditadura posterior, o ministro Francisco Caamaño Domínguez expediu a Declaración de reparación e recoñecemento persoal ao seu favor, en virtude do ordenado no parágrafo 1, artigo 4 da citada lei.

Foi recoñecida nun mural en Vigo en 2021 como pioneira.

 
Representación de Urania Mella como pioneira nun mural da Marcha Mundial das Mulleres en Vigo en 2021

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar