Uróboros
O uróboros ou ouroboros, do grego "ουροβóρος", é un símbolo ancestral que amosa un verme, unha serpe ou un dragón engulindo a súa propia cola e formando así un círculo.
Conforme a explicación fornecida pola Enciclopedia Británica, o Uróboros é a emblemática serpe do Antigo Exipto e a Antiga Grecia, representada coa súa cola na boca, devorándose seguido. Expresa a unidade de todas as cousas, as materiais e as espirituais, que nunca desaparecen, senón que cambian de forma nun ciclo eterno de destrución e creación.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Uróboros |