Uladzimir Karatkievič

escritor bielorruso

Uladzimir Karatkievič (en belaruso: Уладзімір Сямёнавіч Караткевіч), nado en Orsha o 26 de novembro de 1930 e finado o 25 de xullo de 1984, foi un escritor belaruso, unha das figuras máis destacables da literatura belarusa da segunda metade do século XX [1].

Infotaula de personaUladzimir Karatkievič

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(be) Уладзімір Сямёнавіч Караткевіч Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento26 de novembro de 1930 Editar o valor em Wikidata
Orsha (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte25 de xullo de 1984 Editar o valor em Wikidata (53 anos)
Minsk Editar o valor em Wikidata
Causa da mortedoenza Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaEastern Cemetery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUnión Soviética Editar o valor em Wikidata
EducaciónFaculty of Philology of the State University of Kyiv (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndramaturgo , escritor , guionista , mestre , tradutor , poeta , prosista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1951 Editar o valor em Wikidata - 1984 Editar o valor em Wikidata
Membro de
Xénero artísticoNovela, novela curta e novela histórica Editar o valor em Wikidata
MovementoFicción histórica Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua belarusa e lingua rusa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeValyantsina Karatkyevich
Premios

IMDB: nm0466611 Musicbrainz: 878d43c0-22e6-4a7b-8882-97e8d96e5fbd Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

En 1954 graduouse en filoloxía pola Universidade de Kíiv. Primeiro estivo destinado como profesor de lingua rusa nunha escola nunha aldea da rexión de Kíiv (1954-56) e logo na súa cidade natal (1956-58). Máis tarde, completou cursos de literatura avanzada (1960), e despois de cinematografía (1962), ambos os dous en Moscova e despois converteuse nun escritor profesional. Comezou a escribir moi novo, os seus primeiros poemas, contos e artigos publicounos nunha revista escolar de Orsha durante a posguerra[2]. Mentres estudaba en Kíiv compuxo poemas en belaruso e ruso e escribiu no verán de 1950 primeira versión da que sería a súa grande obra,Дзікае паляванне караля Стаха[3]. En 1951 apareceron na revista do distrito de Orsha Ленінскі прызыў os dous primeiros poemas publicados, «Тут будет канал» (en ruso) e «Якубу Коласу» (en belaruso) aos que lle seguiron tres coleccións de versos. Así e todo foi sobre todo coñecido como narrador, publicou varias coleccións de relatos e catro novelas, a máis coñecida foi Dzikaje paliavannie karalia Stacha (Дзікае паляванне караля Стаха) en 1964. As súas novelas tratan do pasado histórico de Belarús, incluíndo a insurección de xaneiro de 1863 – 1865 sobre a que escribiu Kalasy pad siarpom tvaim (Каласы пад сярпом тваім) que se publicou en 1965. Karatkievič tamén escribiu varias pezas teatrais, ensaios, artigos, guións cinematográficos, e algunhas historias de detectives e de aventuras.

  1. Верабей А. Л. Уладзімір Караткевіч. Жыццё і творчасць / Пад рэд. Гарбачэўскай Т. А. — 2-е. — Мн.: Беларуская навука, 2005. — páx. 3 — ISBN 985-08-0666-4.
  2. Макарэвіч А. М., Яфімава М. Б., і інш. Уладзімір Караткевіч // Беларуская дзіцячая літаратура / Пад рэд. А. М. Макарэвіча, М. Б. Яфімавай. — Мн.: Вышэйшая школа, 2008. — páx. 460 ISBN 978-985-06-1440-7
  3. Верабей А. Л. Уладзімір Караткевіч. Жыццё і творчасць / Пад рэд. Гарбачэўскай Т. А. — 2-е. — Мн.: Беларуская навука, 2005. — páx. 7 — ISBN 985-08-0666-4.