Tiranosauro

xénero de dinosauro do Cretáceo
(Redirección desde «Tyrannosaurus»)
Tiranosauro
Rango fósil: Cretáceo serodio, 68 Ma-66 Ma

Espécime (CM 9380) de Tyrannosaurus rex reconstruído no Museo de Historia Natural de Carnegie.
Estado de conservación
Extinto (fósil)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Familia: Tyrannosauridae
Subfamilia: Tyrannosaurinae
Xénero: Tyrannosaurus''
Nome binomial
Tyrannosaurus rex
Osborn, 1905
Sinonimia

O tiranosauro[1][2] (Tyrannosaurus; que significa literalmente "réptil tirano")[3] é un xénero extinto de dinosauro terópodo do clado dos coelurosauros. A especie Tyrannosaurus rex (onde rex quere dicir "rei" en latín), tamén chamada T. rex ou coloquialmente T-Rex, é unha das máis coñecidas dos grandes terópodos. O tiranosauro habitou no que no presente é o oeste de América do Norte, e que outrora era unha illa continente chamada Laramidia. Os tiranosauros tiñan unha distribución máis ampla ca outros tiranosáuridos. Descubríronse fósiles nunha gran variedade de formacións xeolóxicas que datan do Maastrichtiano, o sexto e último estrato do período Cretáceo, hai entre 68 e 66 millóns de anos. É o último membro coñecido dos tiranosáuridos, e está entre os últimos dinosauros non aviares que existiron antes da extinción dos dinosauros.

Como outros tiranosáuridos, o tiranosauro era un carnívoro bípede cunha gran cabeza equilibrada por unha longa e pesada cola. En relación coas súas grandes e poderosas extremidades traseiras, as extremidades dianteiras dos tiranosauros eran curtas mais poderosas para o seu tamaño, e tiñan dous díxitos rematados en gadoupa. O espécime máis completo mide 12,3 m de lonxitude polo que se cre que o T. rex podía chegar a medir máis de 12,3 m, até os 3,66 m de alto até os cadrís, e segundo as estimacións máis modernas podía pesar entre 8,4 e 14 toneladas de peso. Aínda que outros terópodos rivalizaban ou superaban ó Tyrannosaurus rex en tamaño, está entre os depredadores terrestres coñecidos máis grandes e crese que tiñan a trabada máis forte de tódolos animais terrestres. Sendo de lonxe o carnívoro máis grande do seu ambiente, o Tyrannosaurus rex era un superdepredador, depredando hadrosáuridos, herbívoros con armaduracomo ceratopsios e Ankylosauria, e posiblemente saurópodos. Algúns expertos suxeriron que o dinosauro era principalmente un preeiro. A cuestión sobre se o tiranosauro era un superdepredador ou un preeiro puro é un dos meirandes debates da paleontoloxía. A maioría dos paleontólogos aceptaron que o tiranosauro era tanto un depredador activo como un preeiro.

Identificáronse máis de cincuenta grandes espécimes de Tyrannosaurus rex, algúns dos cales son esqueletos case completos. Restos de tecido mol e proteínas foron rexistrados en cando menos un dos espécimes. A abundancia de material fósil permitiu unha investigación significativo en moitos aspectos da súa bioloxía, incluíndo o seu desenvolvemento e a súa biomecánica. Os hábitos de alimentación, a fisioloxía e a velocidade potencial do Tyrannosaurus rex son algúns dos temas de debate. A súa taxonomía tamén é controvertida, xa que algúns expertos consideran o Tarbosaurus bataar de Asia como unha segunda especie de tiranosauro, mentres que outros manteñen o Tarbosaurus como un xénero separado. Diversos xéneros de tiranosáuridos de América do Norte tamén foron sinonimizados co Tyrannosaurus.

Como o terópodo máis arquetípico, o tiranosauro é un dos dinosauros máis coñecidos dende comezos do século XX, aparecendo en numerosos filmes, anuncios, selos postais e diversos outros medios.

O Tyrannosaurus rex viviu durante o período Cretáceo, hai uns 67 millóns de anos. Fotografía do Field Museum of Natural History en Chicago, Illinois. Verán de 2005.
  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para tiranosauro.
  2. Definición de tiranosauro no Dicionario de Galego de Ir Indo e a Xunta de Galicia.
  3. Online Etymology Dictionary (ed.). Tyrannosaurus. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Ligazóns externas

editar

 
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.