Tympanuchus cupido attwateri
Tympanuchus cupido attwateri é unha subespecie de Tympanuchus cupido, ave da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos, unha das tres que compoñen o xénero Tympanuchus.
Tympanuchus cupido attwateri | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Macho de Tympanuchus cupido attwateri, exhibíndose na época de celo | |||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||
LE (Ameazada)[1] | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Área de dispersión de Tympanuchus cupido attwateri
|
Endémica da costa de Texas e Louisiana, nos Estados Unidos, en tempos foi unha vez abundante, pero hoxe en día volveuse extremadamente rara ou extinta na maior parte da súa área de distribución orixinaria debido á perda do seu hábitat.
Taxonomía
editarA subespecie foi descrita en 1893 polo oficial do Exército dos Estados Unidos, e destacado ornitólogo, orixinario do Gran Ducado de Hessen e do Rin (Confederación Xermánica), Charles Bendire.[2]
Características
editarEste tetraonino mide de 43 a 45,5 cm e pesa aproximadamente de 0,7 a 0,9 kg. A súa envergadura alar e de 70 cm. Esta pitas do monte presentan fortes barras verticais de cor parda escura e un patrón branco sobre o manto, os flancos e as partes inferiores.
A subespecie exhibe dimorfismo sexual: os machos teñen plumas alongadas, chamadas pinnas, ergueitas para formaren o que parecen estruturas similares a orellas, e tamén ten un saco de aire de cor alaranxada brillante, ou dourada, a ambos os lados do pescozo, que incha durante as danzas de apareamento. Teñen unha vida útil de dous a cinco anos.
Hábitat e distribución
editarT. c. attwateri era endémico das praderías costeiras do golfo de México occidental. A súa área de distribución estendíase historicamente desde Bayou Teche en Louisiana, até o río Nueces en Texas,[3] posibemente tan ao sur como Tamaulipas, México,[4] sendo por tanto a subespecie máis meridional de Tympanuchus cupido,[5] estendéndose no interior até uns 75 km, ocupando unha área de 24 000 km².[3]
Hoxe en día existen poboacións silvestres tan só en dous lugares: o Attwater Prairie Chicken National Wildlife Refuge (Refuxio Nacional de Vida Silvestre Attwater Prairie Chicken), cerca de Eagle Lake, Texas, e nalgúns terreos privados do condado de Goliad (Texas).[6]
Progresivo descenso da poboación
editarEn 1900 até 1 000 000 de espécimes habitaban as praderías costeiras. Desde esa data a súa poboación está diminuíndo drasticamente.[3]
Crese que a perda de hábitat é a razón principal do seu declive. Un dos principais factores que contribuíron á perda de hábitat foi a plantación xeneralizada, que comezou a principios da década de 1900, de Triadica sebifera para establecer unha industria de fabricación de xabón.[7] Desde entón, T. sebifera demostrou ser un invasor agresivo dos pasteiros costeiros, desprazando a diversidade de plantas autóctonas dominadas por pastos de pradeira con rodais densos, case monoespecíficos, que alteran significativamente os procesos bióticos e abióticos do ecosistema orixinario.[8] A urbanización contribúe aínda máis á perda de hábitat. Como resultado destes cambios nos últimos 100 anos, todo o ecosistema de pasteiros onde antigamente prosperou T. c. attwateri subsisten en pequenos e dispersos parches, cuxa existencia continúa sendo ameazada. Onde unha vez pastaba o bisonte das chairas, debido aos incendios forestais periódicos debido á maleza prducida, estas aves agora teñen dificultades para abrirse camiño a través da maleza mesta.
Un estudo de 1937 rexistrou cerca de 8 700 espécimes en catro condados de Texas. T. c. attwateri figura na lista de especies en perigo de extinción desde marzo de 1967, cando aproximadamente 1 070 aves quedaban en liberdade.[1] En 2003 había menos de 50 aves no seu hábitat natural.
En 2014 estimábase que quedaban 260 aves, das cales 100 vivían na natureza. Puxéronse en marcha programas de cría en catividade en lugares como Fossil Rim Wildlife Center,[9] Zoo de Abilene e Zoo de Caldwell (Tyler, TX), a través dunha asociación co Zoo de Houston,[10]
En 2016 a poboación da subespecie reduciuse a 42 aves despois das fortes inundacións da primavera, que eliminaron a toda unha xeración de ovos. O furacán Harvey en 2017 foi aínda máis desastroso, probabelmente matou polo menos a 32 aves, e só se encontraron cinco femias durante o estudo posterior ao furacán na zona.[11] Porén, na primavera de 2018, a poboación silvestre estimada era de 12.[12]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 "Attwater's Prairie-Chicken". Society of Tympanuchus Cupido Pinnatus, Ltd. Consultado o 16 de marzo de 2019.
- ↑ Tympanuchus cupido attwateri Bendire, 1893 no ITIS.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 "Attwater's Prairie Chicken History of Species Decline Historic Populations". Texas Parks and Wildlife Department. Consultado o 16 de marzo de 2019.
- ↑ Silvy, Nova J.; Brown, Dennis L.; Labuda, Jr., Stephen E.; Teer, James G.; Williams, Dennis (1996). "Attwater's Prairie Chicken Recovery Plan" (PDF). United States Fish and Wildlife Service.
- ↑ Storch, Ilse & Bendell, J. F. (2003): "Grouse". En Perrins, Christopher. The Firefly Encyclopedia of Birds. Richmond Hill, Ontario, Canada: Firefly Books. pp. 184–187. ISBN 1-5529-7777-3.
- ↑ "Attwater's Prairie Chicken History of Species Decline Current Range". Texas Parks and Wildlife Department. Consultado o 16 de marzo de 2019.
- ↑ Flack, S. & E. Furlow (1996): "America's least wanted "purple plague", "green cancer" and 10 other ruthless environmental thugs". Nature Conservancy Magazine. Vol. 46, No. 6.
- ↑ Bruce, K. A.; G. N. Cameron & P. A. Harcombe (1995): "Initiation of a new woodland type on the Texas coastal prairie by the Chinese tallow tree (Sapium sebiferum (L.) Roxb.)". Bulletin of the Torrey Botanical Club 122 :215-225.
- ↑ "Animal Conservation". Fossil Rim Wildlife Center. Arquivado dende o orixinal o 19 de xullo de 2011. Consultado o 16 de marzo de 2010.
- ↑ "Attwater's Prairie Chicken Recovery Program". Houston Zoo. Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2009. Consultado o 16 de marzo de 2019.
- ↑ "How Hurricane Harvey Affected Birds and Their Habitats in Texas". Audubon (en inglés). 25-09-2017. Consultado o 16 de marzo de 2019.
- ↑ ‘Match.com for chickens’: Houston Zoo’s secret weapon for saving a species Arquivado 15 de xuño de 2018 en Wayback Machine.. Consultado o 16 de marzo de 2019.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- De Juana, E. (1994). "Family Tetraonidae (Grouse)". En del Hoyo, J.; Elliott, A.; Sargatal, J. Handbook of the Birds of the World, Vol. 2. New World Vultures to Guineafowl. Barcelona: Lynx Edicions. pp. 376–411. ISBN 84-87334-15-6.
- del Hoyo, J., Collar, N. J., Christie, D. A., Elliott, A. e Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona, España e Cambridge, Reino Unido: Lynx Edicions BirdLife International. ISBN 978-84-9655-394-1.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Tympanuchus cupido attwateri Bendire 1893 na EOL.
- Fight to save a prairie chicken New York Times, 2015
- Attwater Prairie Chicken National Wildlife Refuge Arquivado 04 de febreiro de 2005 en Wayback Machine.
- Texas Parks and Wildlife on the Attwater's Prairie Chicken
- National Geographic Article Arquivado 29 de agosto de 2008 en Wayback Machine.
- Fossil Rim Wildlife Center
- Handbook of Texas Online
- Houston Zoo