Tympanuchus

xénero de aves

Tympanuchus
Rango fósil: mioceno - actualidade
20-0 Ma [1]

Tympanuchus phasianellus macho,
exhibíndose na época e celo
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Galliformes
Familia: Phasianidae
Subfamilia: Tetraoninae
Xénero: Tympanuchus
Goger, 1841
Especies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto

Tympanuchus é un xénero de aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos.[2]

O xénero comprende tres especies,[2] na Lista vermella da UICN.[3][4][5] que viven en América do Norte, econtrándose en diferentes tipos de pradarías.

Características editar

 
Tympanuchus pallidicinctus, macho.

As tres especies, estreitamente relacionadas filoxeneticamente, son moi similares. De rexa constitución corporal, igual que as doutros galiformes, como as galiñas, son os tetraoninos de menor tamaño, xa que miden entre os 40 e 43 cm de lonxitude. Os machos son maiores que as femias. Teñen plumas nos orificios nasais. As patas están tamén emplumadas até as dedas, e teñen plumas ou pequenas escamas nos lados, unha adaptación para camiñar sobre a neve e enterrarse nela como refuxio. A diferenza doutros galiformes, non teñen esporóns. Na exhibición de cortexo nos "leks", pequenos territorios abertos nos que os machos, na época de celo, intentan desprazar aos seus competidores, a chamar a atención das femias, emiten sons e bailan coa cabeza estendida cara a adiante, coa cola despregada e cos rechamantes "sacos" do pescozo inflados (como se ve na foto adxunta).[6]

Taxonomía editar

Descrición editar

O xénero foi descrito en 1841 polo zoólogo alemán, especializado en ornitoloxía, Constantin Wilhelm Lambert Gloger.[2]

Etimoloxía editar

O termo Tympanuchus está formado polos elementos do latín científico tymmphan- e -uchus, ambos os dous derivdos de voces do grego antigo. O primeiro de τύμπανον týmpanon, 'tambor', 'timbal' (derivado do verbo τύπω týmpō, 'golpexar'​). E o segundo do verbo ἧχος ểchos, 'ruído', 'estrondo', en referencia aos sacos membranosos do pescozo dos machos, e ao ruído que poducen.[7]

 
Tympanuchus cupido, macho.

Sinónimo editar

Ademais do nome actual, válido, o xénero coñeceuse tamén polo sinónimo:[2]

  • Pedioecetes Baird, 1858

Especies editar

Notas editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • del Hoyo, J., Collar, N. J., Christie, D. A., Elliott, A. e Fishpool, L. D. C. (2014): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 1: Non-passerines. Barcelona, España e Cambridge, Reino Unido: Lynx Edicions BirdLife International. ISBN 978-84-9655-394-1.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar