Tyler Kalinoski

baloncestista estadounidense

Tyler Kalinoski, nado o 19 de decembro de 1992 en Cincinnati, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense. Cunha altura de 1,88 m xoga na posición de escolta. Formado no instituto Olathe East, onde foi nomeado All-American, e na Universidade Davidson, onde foi seleccionado como mellor xogador da Conferencia Atlantic 10, actualmente xoga para o Unicaja da Liga ACB.

Tyler Kalinoski
Unicaja  – No. 4
Información persoal
Nacemento 19 de decembro de 1992 (31 anos)
Cincinnati, Estados Unidos
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 82 kg (181 lb)
Posición Escolta
Información da carreira
Instituto Olathe East (Olathe, Kansas)
Universidade Davidson (2011–2015)
NBA Draft 2015 / Rolda: Non drafteado
Carreira 2015−presente
Historial de equipos
Élan Chalon (2015–2016)
Apollon Patras (2016−2017)
Antwerp Giants (2017−2019)
Bandırma (2019−2020)
Pallacanestro Brescia (2020−2021)
Río Breogán (2021–2022)
Unicaja (2022−presente)

Traxectoria editar

Nado en Cincinnati, Ohio, Kalinoski formouse como xogador no Instituto Olathe East baixo a dirección do adestrador Jim Super. Alí foi nomeado no primeiro equipo da Sunflower League en 2010 e 2011. Como sénior fixo unha media de 17,1 puntos, 5,8 rebotes, 5,7 asistencias e 2,2 roubos por encontro, liderando ao equipo en todas as categorías estatísticas. Isto serviulle para ser nomeado McDonald's All-American.[1] Após finalizar a súa etapa no instituto, foi recrutado pola Universidade Davidson para xogar nos Wildcats. No seu ano freshman fixo unha media de 4,7 puntos, 2,2 rebotes e 1,2 asistencias in 17,4 minutos de xogo por encontro. No seu segundo ano mellorou as súas estatísticas a 7,6 puntos, 2,8 rebotes e 1,6 asistencias in 22,6 minutos de xogo, conseguindo dobres figuras en trece ocasións.[2] Na temporada 2014−15, como sénior, liderou ao equipo a conseguir un rexistro de 23-6 na Atlantic 10, conseguindo 16,9 puntos e 5,7 rebotes por partido, sendo nomeado mellor xogador da conferencia.

Após non ser seleccionado no Draft da NBA, xogou na liga de verán para os Miami Heat. Cando finalizou o torneo, tando o equipo de Miami como os Charlotte Hornets amosaron interese na súa contratación como xogador de rotación, tendo que pasar a maior parte da temporada na NBA D-League. Ao non estar de acordo coas condicións ofrecidas, Kalinoski decidiou mudar de continente e asinar co Élan Chalon da LNB Pro A, máxima categoría do baloncesto francés, e da FIBA Europe Cup. Tras finalizar a camapaña no equipo galo, asinou co Apollon Patras da A1 Ethniki grega, onde conseguiu 10,8 puntos e 4,9 rebotes por encontro na máxima categoría do país heleno. As dúas seguintes temporadas xogou para os Antwerp Giants da Pro Basketball League e a Basketball Champions League. Tras un paso polo baloncesto turco co Bandırma e italiano co Pallacanestro Brescia, o 20 de xullo de 2021 anunciouse a súa fichaxe polo Río Breogán da Liga ACB.[3] No club lucense fixo unha media de 11,3 puntos e 3,3 rebotes por partido,[4] axudando ao equipo a disputar a Copa do Rei e a disputar a fase previa da Basketball Champions League. Ao finalizar a temporada, anúnciase a súa fichaxe polo Unicaja.

Clubs editar

Ao longo da súa carreira, Kalinoski ten xogado para os seguintes equipos profesionais:[5]

Notas editar

  1. "Tyler Kalinoski - Men's Basketball". Davidson Wildcats (en inglés). Consultado o 30 de xullo de 2021. 
  2. "Tyler Kalinoski College Stats". Sports Reference (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2021. Consultado o 30 de xullo de 2021. 
  3. "Tyler Kalinoski, escolta tirador para o Río Breogán". CB Breogán. 30 de xullo de 2021. Consultado o 30 de xullo de 2021. 
  4. "Tyler Kalinoski". acb.com (en castelán). Consultado o 3 de setembro de 2022. 
  5. "Tyler Kalinoski, Basketball Player". Proballers (en inglés). Consultado o 30 de xullo de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar