Pallacanestro Brescia

O Pallacanestro Brescia, actualmente coñecido como Germani Brescia por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto profesional italiano da localidade de Brescia, Lombardía. O Basket Brescia foi fundado en 2009 e, desde a temporada 2016−17, compite na LBA, máxima categoría do baloncesto transalpino. O equipo conseguiu o ascenso á máxima categoría despois de vencer no quinto partido do play-off final ao Fortitudo Bologna.

Germani Brescia
Información xeral
Nome Pallacanestro Brescia
Liga LBA
Fundación 2009
Historia Basket Brescia (1957–1996)
Basket Brescia 2005 (2005–2009)
B. Brescia Leonessa (2009–2020)
Cores           Branco, azul
Presidente Italia Graziella Bragaglio
Adestrador Italia Alessandro Magro
Patrocinador Germani Trasporti
Localización
Cidade Italia Brescia, Italia
Pavillón PalaLeonessa
Capacidade 5 200
Inauguración 21 de maio de 1967
basketbrescialeonessa.it

Historia editar

O Basket Brescia Leonessa nace un 2 de xullo de 2009, comezando a competir na Serie A Dilettanti, terceira categoría do baloncesto italiano, grazas á compra dos dereitos deportivos da Juvi Cremona Basket, a cal se fusionaría co Vanoli Cremona, levando de volta ao baloncesto á cidade lombarda despois de trece anos de ausencia.[1] O primeiro director xeral do club foi Ario Costa. Na súa primeira temporada na competición, o club finaliza na quinta posición do seu grupo, sendo eliminado da primeira rolda dos play-offs de ascenso.

Ao ano seguinte, o Brescia finaliza na segunda posición do seu grupo, conseguindo, esta vez si, o éxito procurado. Tras permanecer durante catro anos na segunda categoría, na temporada 2015−16 o club consegue ao ascenso á Serie A, máxima categoría do baloncesto italiano, tras derrotar no quinto partido do play-off final ao histórico Fortitudo Bologna.

Patrocinadores editar

Por motivo de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:

  • Basket Brescia Leonessa (2009−2011)
  • Centrale del Latte Brescia (2011−2016)
  • Germani Basket Brescia (2016−presente)

Notas editar

  1. Bernardini, Roberto (29 de xuño de 2009). "Dopo ben 13 anni Brescia ritrova il basket che conta". Pineta Basket. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar