Ty Lawson
Tywon "Ty" Ronell Lawson, nado o 3 de novembro de 1987 en Clinton, Maryland, é un xogador profesional americano de baloncesto que xoga no Kolossos Rodou B.C. da A1 Ethniki.
![]() | |
Kolossos Rodou | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 3 de novembro de 1987 (36 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,80 m (5 ft 11 in) |
Peso oficial | 88 kg (195 lb) |
Posición | Base |
Información da carreira | |
Instituto | Bishop McNamara (Forestville, Maryland) Oak Hill Academy (Mouth of Wilson, Virginia) |
Universidade | North Carolina (2006-2009) |
NBA Draft | 2009 / Rolda: 1 / Elección: 18 Por Minnesota Timberwolves |
Carreira | dende 2009 |
Historial de equipos | |
Denver Nuggets (2009–2015) BC Žalgiris (2011) LKL Houston Rockets (2015–2016) Indiana Pacers (2016) Sacramento Kings (2016–2017) Shandong Golden Stars (2017–2018) Washington Wizards (2018) Fujian Sturgeons (2017–2018) Kolossos Rodou (2020–presente) |
Traxectoria
editarNBA
editarLawson foi elixido na 18ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Minnesota Timberwolves. Porén, Minnesota elixira a outros dous bases no Draft, e quixeron desfacerse del. Isto deu aos Nuggets a oportunidade de conseguir a un xogador de calidade, e traspasaron a unha futura elección do Draft a Minnesota a cambio de Lawson.[1][2] Lawson tivo unha mellor oportunidade en Denver, xa que era o suplente de Chauncey Billups.
Tras o traspaso que mandou a Billups aos New York Knicks o 22 de febreiro de 2011, o mesmo que mandou a Carmelo Anthony aos Knicks, Lawson converteuse no base titular dos Nuggets. O 9 de abril de 2011, Lawson converteuse no primeiro xogador da historia da NBA en anotar os seus primeiros 10 intentos de tres puntos.
Europa
editarO 15 de agosto de 2011, asinou un contrato dun ano co BC Žalgiris. O acordo incluía unha cláusula que lle permitía volver aos Denver Nuggets unha vez rematara o lockout de 2011.[3][4]
Notas
editar- ↑ Stapleton, Arnie. Wolves trade Lawson to Denver, USA Today, 25 de xuño de 2009.
- ↑ Taylor, Nate. Last first-round pick delivers guard only sweep Arquivado 05 de xullo de 2009 en Wayback Machine., Minneapolis Star-Tribune, 26 de xuño de 2009.
- ↑ "ZALGIRIS inks playmaker Ty Lawson". Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2013. Consultado o 24 de febreiro de 2012.
- ↑ "Ty Lawson taking his game to Lithuania". ESPN.com. ESPN Internet Ventures. 16 de agosto de 2011. Consultado o 16 de agosto de 2011.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 20 de abril de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)