Tvashtar

Para a rexión volcánica de Ío (un dos satélites de Júpiter), véxase Tvashtar Paterae.

Na relixión védica, Tvashtar, Tevastar ou Tuvashtri é o primeiro creador nado no universo.

NomeEditar

  • Tvaṣṭṛ, no sistema AITS (alfabeto internacional para a transliteración do sánscrito).
  • त्वष्टृ, en escritura devanagari do sánscrito. Pronuncia: /tuáshtri/[1], tamén transcrito Tevastar, Tvashtar, Tvashtri, Tuvashtri, Tvastri, Tvashtri, Twashtri, Tuastri, Tuashtri, Tuvashtri ou Tashtri.
  • Etimología: o termo sánscrito significa carpinteiro, construtor de carros de cabalos e cuadrigas, segundo o Rig-veda 1.61.4, 105.18 e 130.4. O termo tashtá significa ‘tallar, mondar ou adelgazar madeira]’. Tuashti é unha carpintaría, segundo as Leis de Manu 10.48.[1]

Aparicións de TvashtarndEditar

 
Imaxe de 1913 do templo de Indra nas covas de Ellora. Texto que aparece tras a imaxe: INDRA Do Templo de Indra, Ellora INDRA, REI DE DEUSES. Aconséllase que se aconsellen os pensamentos dentro dos nosos corazóns, que se desexen desexos e que se eleven máis alto: Oh, ninguén máis que eles, os brillantes, sexan misericordiosos, As miñas ás anceiantes cara aos Eternos. Indra levantouse heroicamente para loitar polos sacrificados. Impulsivamente apoderouse do néctar dos deuses, chamado Soma, e tomou un profundo chorro daquel zume embriagador. Despois colleu a súa pedra do raio que fora formada polo artesán divino Twashtri, que se asemella ao mimer alemán, o ferreiro marabilla. As súas baías favoritas, chamadas atrevidas e marróns, estaban atadas no seu carro de ouro polos seus asistentes e seguidores, os mozos Maruts. Agora, ao principio, Indra, o neno de ouro, converteuse no rei dos tres mundos. El foi quen perdoou o aire da vida; tamén deu forza. Todos os deuses brillantes adorárono e obedeceron as súas ordes. A súa sombra é a inmortalidade; a súa sombra é a morte. Os Maruts, os fillos da rudra vermella, eran.

No décimo mándala (capítulo) do Rig-veda (o primeiro texto hinduísta, de mediados do I milenio a. C.) e no himno Púrusha-sukta do Iáyur-veda, o seu carácter e atributos fusiónanse co concepto de Jiraniagarbha, Prayapati ou Brahma.

Ás veces Tvastrí é chamado indistintamente Tuastr (cuxo nominativo é Tvaṣṭā).

Tvastri menciónase 65 veces no Rig-veda e é o máis antigo dos homes e os animais». Invócase cando se desexa descendencia, polo que se lle chama garbha-pati (señor do útero).

É o construtor divino, o fabricante de ferramentas celestiais ―en especial a lanza vashra de Indra― e o gardián do zume da planta psicotrópica soma.


No Rig-veda, Tvastri tamén se coñece como RathaKara ou ‘fabricante de carros’ e ás veces como Taksha.[2]

O nome Tvaṣṭṛ menciónase no «Tratado de Mitanni», o que o establece como unha divindade proto-indo-iraniano.

De acordo co Rig-veda, Tuastri o construtor de carros pertencía ao clan dos bhrigus.

Segundo o Rig-veda 8.26.21 é o pai da deusa Sharaniú, que co deus Vivasvat tivo aos xemelgos Iama e Iamí, que contraditoriamente tamén se consideran os primeiros seres humanos. El é tamén o pai de VisuaRupa ou TríShiras (tres cabezas), que foi asasinado por Indra; en vinganza Tuastri creou ao terrible dragón Vritrá.[3] Sorprendentemente dise que tamén é o pai de Indra.

Na epopea do Majábharata (século III a. C.) e no Jari-vamsa, Tuastri é unha deidade solar. Menciónaselle como fillo de Kashiapa e Aditi, e dise tamén que ―coma se fose o deus Brahmá― fixo os Tres Mundos (todos os astros do ceo e a Terra) con pedazos de Suria (o Sol).

o mesmo xeito, como se menciona no Majábharata, Tuastri o construtor de carros (Rathakara) era fillo de Shukrá (o gurú dos dánavas e daitias), quen era fillo de Varuni Brigu e neto de Brigu.[4] Tuastri ás veces é identificado con deidades similares, como Suria ou Savitri, Prayapati, VisuaKarma e Pushan.[5]

Outros personaxesEditar

Tvashta Várutri (‘Tuashtri e a súa Axuda’) eran dous sacerdotes asuras, segundo o Rig-veda 7.34.22. Son nomeados tamén no Kapistala-samjitá (VLI.4) os Káthaka (30.1, como Tuastrish Várutri), e o Maitraiani-samjitá (4.8.1, como Tuastrish Várutri).

Tuashtrá é o fillo de Tuashtri, segundo o Rig-veda 1.117.22 e o Átharva-veda e o Vajasanei-samjitá. Segundo o Rig-veda, este fillo sería TríShira.

Tuashtrá tamén é a enerxía de Tuashtri, o seu poder creativo segundo o Rig-veda 3.7.4 e o Bhágavata-purana 8.11.35.

As Tuashtrá (‘fillas de Tuashtri’) tamén serían certas deusas menores, segundo o Tandia-bráhmana 12.5.[1]

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 Véxase a entrada Tváshṭṛi na metade da primeira columna da páx. 464 no Sanskrit-English Dictionary do sanscritólogo británico Monier Monier-Williams (1819-1899).
  2. Paṇduraṅga Puruṣottama ŚIRODKARA: Bhāratiya samājavighaṭaka jātivarṇa vyavasthā. Vasco da Gama (India): Gomantaka Daivajña Brāhmaṇa Samājotkarṣa Sansthā, 1986, págs. 38-56, capítulo 3: «Varṇāñcā bandikhānā», en maratí.
  3. Rig-veda 8.26.21, consultado o 18 de agosto de 2009.
  4. Mahābhārata, capítulo «Anuśāsana-parva».
  5. Arthur Anthony MACDONELL: «Abstract Gods», capítulo do libro Vedic mythology (páx. 116-118). Nova Deli. Motilal Banarsidass, 1995, ISBN 8120811135, 9788120811133.