Túpac Katari

indíxena aimará
(Redirección desde «Tupac Catari»)

Julián Apaza Nina, máis coñecido como Túpac Catari, Túpaj Katari, ou simplemente Katari, nado en Ayo Ayo, provincia de Sica Sica, Vicerreinado do Perú, 1750, e finado na Paz o 15 de novembro de 1781, foi un indíxena aimará, líder das actividades independentistas de Bolivia e dunha rebelión indíxena contra o Imperio español a comezos da década de 1780. A súa irmá Gregoria Apaza, e a súa muller Bartolina Sisa, participaron na rebelión ó seu carón.

Infotaula de personaTúpac Katari

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1750 Editar o valor em Wikidata
Ayo Ayo Editar o valor em Wikidata
Morte15 de novembro de 1781 Editar o valor em Wikidata (30/31 anos)
A Paz Editar o valor em Wikidata
Causa da mortePena de morte Editar o valor em Wikidata (Desmembramento Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeVicerreinado do Perú Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónlíder amerindio Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá e Lingua aimará Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeBartolina Sisa Editar o valor em Wikidata
IrmánsGregoria Apaza Editar o valor em Wikidata

Polos seus esforzos, a súa derrota, tortura e brutal execución, (estirado polas extremidades até ser desmembrado), Túpac Katari é lembrado como un heroe polos movementos indíxenas da Bolivia moderna, que chaman á súa filosofía política Katarismo. Un grupo guerrilleiro boliviano, o Exército Guerrilleiro Túpac Katari, leva ese nome na súa honra.

Traxectoria editar

 
Wiphala de Túpac Katari.

Fillo dun mineiro que morreu nas minas de Potosí. Logo de quedar orfo na súa adolescencia, comezou a servir como axudante de cura, converténdose en campaneiro grazas ó seu tío Manuel, curaca dunha comunidade veciña a Ayo Ayo, chegando a ser campaneiro oficial da igrexa do poboado. Logo traballou dous anos como peón na mina de San Cristóbal, de Oruro, ó principio como barreteiro e logo carrexando anacos de mineral. Alí coñeceu o sufrimento doutros indíxenas e comezou a proclamar a necesidade de rebelarse.

Trasladouse a Sica Sica onde traballou como panadeiro e onde coñeceu á súa compañeira Bartolina Sisa. Máis tarde foi comerciante ambulante até A Paz, estudando a forma de pensar dos indíxenas, mestizos e cholos, observando especialmente o seu descontento crecente ante a explotación colonial.[1]

Foi secundado na súa loita pola súa esposa, Bartolina Sisa, e a súa irmá máis nova Gregoria Apaza. Adoptou o pseudónimo de Túpac Katari en homenaxe ao cacique-Inca rebelde Túpac Amaru II (1738-1781) que se levantou en Cuzco; e Tomás Catari (1740-1781), cacique de Chayanta.[2]

Notas editar

  1. Guzmán, Augusto, Tupaj Katari, Colección Tierra Firme, 1, Fondo de Cultura Económica, México, 1944; Siles, María Eugenia del Valle de, Historia de la rebelión de Túpac Catari, 1781-1782, Ed. Don Bosco, La Paz, 1990; Frigerio, José Oscar, La rebelión criolla de Oruro fue juzgada en Buenos Aires (1781-1801), Ediciones del Boulevard, Córdoba, 2011.
  2. "El cerco de Túpac Katari". Granma.cu (en castelán). Consultado o 2022-04-30.