Bartolina Sisa

heroína aimará

Bartolina Sisa Vargas, nada en Caracato, Vicerreinado do Perú, o 24 de agosto de 1750 ou 1753, e finada na Paz, Vicerreinado do Río da Prata, Imperio Español, o 5 de setembro de 1782, foi unha unha muller aimará e heroína indíxena.[1] Durante a época da colonia loitou xunto co seu esposo Julián Apaza, coñecido como Túpac Katari, organizou[2] varios campamentos militares e participou do cerco á cidade da Paz. Foi traizoada e entregada ás autoridades españolas do vicerreinado, que posteriormente a executaron.[3] Na súa honra o 5 de setembro conmemórase o Día Internacional da Muller Indíxena.[4][5]

Modelo:BiografíaBartolina Sisa

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento24 de agosto de 1753 Editar o valor en Wikidata
A Paz, Bolivia Editar o valor en Wikidata
Morte5 de setembro de 1782 Editar o valor en Wikidata (29 anos)
A Paz, Bolivia Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, desmembramento Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónrevolucionario, líder Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeTúpac Katari Editar o valor en Wikidata
ParentesGregoria Apaza, husband's sister Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1472426

Traxectoria

editar

Filla de José Sisa e Josefa Vargas, indíxenas da vila e cantón Caracato, no concello de Sapahaqui, dedicouse ao comercio da folla de coca e dos tecidos nativos.[6]

Bartolina foi descrita por algúns historiadores como unha muller aguerrida que dominaba a kurawa (tirafonda) e o fusil. Sabía montar cabalo e era moi intelixente. En 1772, xa casada, tivo o primeiro do seu catro fillos: tres nenos e unha nena. O primeiro fillo foi capturado no Perú por Sebastián Segurola en 1783, e crese que posteriormente foi asasinado. Os outros tres chegaron a sobrevivir na clandestinidade.[7]

Á idade de 25 anos uniuse a Tupac Katari, o seu esposo, para organizar e liderar distintos levantamentos contra os españois, tras observar as inxustizas cometidas polo sistema colonialista de explotación do século XVIII. Cando estalou a insurxencia indíxena aimará e quechua de 1781, ela foi proclamada vicerraíña por dereito propio.[8] Bartolina asumiu importantes funcións de liderado.[9]

Cerco á Paz

editar

Dende 1780 planificábase unha insurrección indíxena. Xunto a José Gabriel Condorcanqui (Túpac Amaru) e os irmáns Dámaso e Tomás Katari de Chayanta, con quen converxían nos seus ideais libertarios e propósitos emancipatorios, lograron reunir a máis de 150 mil indíxenas de toda a rexión.

O 13 de marzo de 1781 levantouse un campamento militar indíxena en La Ceja de El Alto pechando todos os accesos á cidade da Paz. Empezaron con 20 mil indíxenas e en cinco meses chegaron a ser 80 mil persoas, xerando escaseza de alimentos e de auga na cidade. O 21 de maio Tupac Katari deixou a Bartolina a cargo do cerco. Ao ver a unha muller a cargo, o exército español mandou a 300 soldados a capturala; ela, xunto co exército indíxena, apedrearon aos españois que non lograron o seu obxectivo.

Logo de 109 días de asedio, os españois recibiron axuda de Charcas. Isto logrou que Tupac Katari replegase o seu exército que foi abatido polas forzas españolas e polas alianzas que estas estabeleceron con líderes indíxenas contrarios[10] a Tupac Katari, o que posibilitou que os xefes da rebelión fosen apresados e sentenciados a morte.[11]

Execución

editar

Bartolina Sisa e a súa cuñada Gregoria Apaza, outra líder da rebelión, foron encarceradas nunha cela fría, escura e húmida onde agardaron a súa condena durante oito meses. O 6 de setembro de 1782, condenadas polo auditor Francisco Tadeo Díez de Medina, as dúas líderes aimarás foron aforcadas[12] ante a multitude na praza maior da Paz. A Apaza e a Sisa puxéronlles unha coroa de espiños na fronte e fixéronas pasear espidas sobre un burro dende a prisión ata o cadafalso. A maneira de exemplo, os seus corpos foron desmembrados, os seus membros foron enviados a diferentes lugares onde participaran na resistencia para ser expostos, as súas cabezas foron empaladas e o resto do corpo foi incinerado para que as cinzas fosen espalladas polo vento.[13]

Legado

editar
 
Confederación Bartolina Sisa.

En 1980 foi nomeada na súa honra a Confederación Bartolina Sisa, organización sindical de mulleres indíxenas e campesiñas, co obxectivo de mellorar a participación das mulleres indíxenas e rurais no eido político, social e nas decisións económicas de Bolivia.[14] Así mesmo, en 1983 o Segundo Encontro de Organizacións e Movementos das Américas, reunido en Tiwanaku, decidiu celebrar o Día Internacional da Muller Indíxena cada 5 de setembro, o mesmo día da súa execución.[5]

  1. "Ley Nº 3102, 15 de julio de 2005" (en castelán). 15 de xullo de 2005. 
  2. "¿Quién fue Bartolina Sisa, la mujer en cuyo honor se celebra el Día de la Mujer Indígena?". 
  3. "¿Quién fue Bartolina Sisa y por qué se le recuerda en esta fecha?". 
  4. "5 de septiembre Día Internacional de la Indígena.". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2019. Consultado o 29 de maio de 2018. 
  5. 5,0 5,1 Fuentes, Fernando (5 September 2016). "International Day of the Indigenous Woman". Milenio (México). Consultado o 15 de marzo de 2020. 
  6. "Bartolina Sisa". 
  7. "Biografía de Bartolina Sisa". 
  8. "Women with power 1870-1900". www.guide2womenleaders.com. Consultado o 4 de xaneiro de 2017. 
  9. "Bartolina Sisa". Arquivado dende o orixinal o 17 de xullo de 2020. Consultado o 29 de maio de 2018. 
  10. "Bolivia: Recordando un nuevo aniversario de la heroína aymara Bartolina Sisa". 
  11. Ticona Alejo, Esteban (1 de setembro de 2012). "Bartolina Sisa… escribir la otra historia". La Razón. Arquivado dende o orixinal o 8 de setembro de 2018. Consultado o 7 de setembro de 2018. 
  12. González Guardiola, Lola (2000). De Bartolina Sisa al Comité de Receptoras de Alimentos de El Alto: antropología del género y organizaciones de mujeres en Bolivia. Universidade de Castela-A Mancha. p. 335. ISBN 978-848-427-072-0. 
  13. Crespo & López 2010.
  14. "National Confederation of Indigenous Women of Bolivia "Bartolina Sisa"". Food and Agriculture Organization. 2015. Consultado o 15 de marzo de 2020. 

Véase también

editar

Outros artigos

editar

Bibliografía

editar
  • Alipio Valencia Vega: Bartolina Sisa — la virreina Aymara que murió por la libertad de los nativos americanos. Librería Editorial "Juventud", La Paz 1978. 107 pp.
  • María Eugenia del Valle de Siles: Bartolina Sisa y Gregoria Apaza — dos heroínas indígenas. Biblioteca Popular Boliviana de "Ultima Hora", La Paz 1981. 73 pp.
  • Marina Ari: Bartolina Sisa — La generala aymara y la equidad de género. Editorial Amuyañataki, La Paz 2003. 49 pp.