Día Internacional da Muller Indíxena

O Día Internacional da Muller Indíxena é unha conmemoración instituída en 1983 durante o Segundo Encontro de Organizacións e Movementos de América, para centrar a atención nas mulleres indíxenas, a súa historia, a súa situación e as súas perspectivas.[1][2]

Manifestación da Confederación Bartolina Sisa en Trinidad, Bolivia.

Orixe editar

A data foi designada como homenaxe a Bartolina Sisa, muller dirixente indíxena aimará que foi asasinada o 5 de setembro de 1782 tras liderar unha sublevación indíxena contra a coroa española.[3] A sublevación levou ao estabelecemento dun cerco á cidade da Paz en 1781.[4]

Conmemoración editar

Durante esta data organizacións sociais, organismos internacionais e autoridades maniféstanse facendo énfase nas condicións de vida actuais das mulleres indíxenas,[5][6] así como salientando a información sobre as achegas das mulleres indíxenas na sociedade en todos os seus eidos[7] no presente e durante toda a historia.[8]

Notas editar

  1. "1983: El Día Internacional de la Mujer Indígena se celebra por primera ocasión". El Siglo de Torreón. 5 de xuño de 2017. Consultado o 7 de setembro de 2018. 
  2. "Saludo en el Día Internacional de la Mujer Indígena". Arquivado dende o orixinal o 8 de setembro de 2018. Consultado o 7 de setembro de 2018. 
  3. "Protagonismo de las mujeres indígenas en el Ecuador". El Tiempo (en castelán). 6 de setembro de 2018. Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2019. Consultado o 13 de febreiro de 2019. 
  4. "La confesión de la líder aymara de 1781". Arquivado dende o orixinal o 6 de setembro de 2018. Consultado o 7 de setembro de 2018. 
  5. "Evo saluda la valentía de las mujeres indígenas campesinas en su día". Bolivia.com. 5 de setembro de 2018. Consultado o 7 de setembro de 2018. 
  6. Fuentes, Fernando (5 de setembro de 2016). "Día Internacional de la Mujer Indígena". Milenio. Consultado o 7 de setembro de 2018. 
  7. "¿Quién fue Bartolina Sisa, la mujer en cuyo honor se celebra el Día de la Mujer Indígena?". 
  8. "Día mundial de la MUJER INDÍGENA 5 de septiembre. Día internacional de la Mujer indígena.". 1 de setembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 8 de setembro de 2018. Consultado o 7 de setembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

  • Informe: repositorio.cepal.org pola Comisión Económica para América Latina e o Caribe (CEPAL), (2013). Mujeres indígenas en América Latina: dinámicas demográficas y sociales en el marco de los derechos humanos. Santiago de Chile, Chile: Nacións Unidas