José Gabriel Condorcanqui Noguera, marqués de Oropesa chamado igualmente José Gabriel Túpac Amaru,[1][2][3] nado en Surimana, Canas, Vicerreinado do Perú o 19 de marzo de 1738 e finado en Cuzco o 18 de maio de 1781, coñecido posteriormente como Túpac Amaru II ou simplemente Túpac Amaru, foi un caudillo indíxena líder da maior rebelión anticolonial que se deu en Hispanoamérica durante o século XVIII. Descendía de Túpac Amaru I (derradeiro Sapa Inca, executado polos españois no século XVI).

Túpac Amaru II
Nome completoJosé Gabriel Condorcanqui Noguera
Nacemento10 de marzo de 1738
Lugar de nacementoTinta
Falecemento18 de maio de 1781
Lugar de falecementoCuzco
Causadecapitación
NacionalidadeVicerreinado do Perú
Alma máterSaint Francis Borgia School
Ocupaciónpolítico, revolucionario, líder amerindio e rebel
Paisen etiquetar
NaiCarmen Rosa Noguera Valenzuela
CónxuxeMicaela Bastidas
IrmánsJuan Bautista Túpac Amaru
editar datos en Wikidata ]

Liderou a denominada «Gran rebelión» que se desenvolveu no Vicerreinado do Río da Prata e o Vicerreinado do Perú, pertencentes ó Reino de España, rebelión iniciada o 4 de novembro de 1780 coa captura e posterior execución do corrixidor Antonio de Arriaga.

Curaca (xefe nativo) de Surimana, Tungasuca e Pampamarca, era adiñeirado e adicábase ó comercio. Tratábase dun personaxe de orixe mestiza (foi marqués de Oropesa) no que confluía o sangue do Sapa Inca Túpac Amaru coa dos crioulos. De feito, durante unha gran parte da súa vida, sendo criado até os 12 anos polo sacerdote crioulo Antonio López de Sos e logo no Colexio San Francisco de Borja, mostrou preferencia polo crioulo chegando a dominar o latín e a empregar refinadas vestimentas hispanas, pero posteriormente vestiu como un nobre inca, fixo uso activo da lingua nativa quechua na súa vida e proclamas, e foi excomulgado da Igrexa católica.[4]

No Perú foi recoñecido como o fundador da identidade nacional peruana. Foi unha figura capital para o réxime velasquista (1968-1975) e dende entón permaneceu reivindicado no imaxinario popular.

Notas editar

  1. [1] Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine. APU SAHUARAURA, Justo, Noticia importante para el conocimiento de la posteridad, en: Cornejo Bouroncle, Jorge Op. cit., p. 133.
  2. Usou indistintamente os dous nomes.
  3. Enciclopedia Temática del Perú.
  4. [2], 1781.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar