Túpac Amaru

Monarca inca

Túpac Amaru ou Thupa Amaro (en quechua: Thupaq Amaru) nado en Cuzco en 1545 e finado ibídem o 24 de setembro de 1572, foi o derradeiro monarca indíxena (Sapa Inca) do Novo estado inca, os restos do Imperio Inca en Vilacamba. Fillo de Manco Inca, foi feito sacerdote e gardián do corpo do seu pai. Foi executado polos conquistadores españois.[1]:11

Modelo:BiografíaTúpac Amaru

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1545 Editar o valor en Wikidata
Vilcabamba, Perú (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte24 de setembro de 1572 Editar o valor en Wikidata (26/27 anos)
Cuzco, Perú Editar o valor en Wikidata
Causa da mortepena de morte, decapitación Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiManco Cápac II o Manco Inca Editar o valor en Wikidata
IrmánsTitu Cusi Yupanqui
Sayri Túpac Editar o valor en Wikidata
ParentesTúpac Amaru II, great-great-great-grandchild Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography, (sec:Tupac-Amaru) Editar o valor en Wikidata

En quechua, túpaq amaru significa ‘víbora brava’.

Ascensión como inca

editar

Túpac Amaru asumiu como Inca de Vilcabamba despois de que o seu medio irmán, o inca Titu Cusi, morrese en 1570. Os incas consideraron que o seu medio irmán fora obrigado a admitir misioneiros agostiños en Vilcabamba e que os españois o envelenaron. Nestes tempos, os españois aínda non foran avisados da morte do ex-Inca e enviaran, como facían habitualmente, embaixadores para continuar as negociacións en curso. Un deles foi o conquistador Atilano de Anaya, que, despois de atravesar a ponte de Chuquisaca, foi capturado e executado xunto coa súa escolta polo xeneral inca Curi Paucar.[2] Ó ser informado desa nova polo sacerdote de Amaybamba, o novo vicerrei do Perú, Francisco de Toledo, decidiu someter, pola forza, o reino de Vilcabamba, apelando para a xustificación que "os incas quebrantaron a lei inviolábel de tódalas nacións do mundo: o respecto ós embaixadores". O vicerrei declarou formalmente a guerra o 14 de abril de 1572.

  1. Titu Cusi Yupanqui, 2005, An Inca Account of the Conquest of Peru, Boulder: University Press of Colorado, ISBN 9780870818219
  2. Redden, Andrew (22 de febreiro de 2016). The Collapse of Time: The Martyrdom of Diego Ortiz (1571) by Antonio de la Calancha [1638] (en inglés). Walter de Gruyter GmbH & Co KG. p. 87. ISBN 9783110468298. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Beverley, John, "Tupac Amaru Rebellion", in Prem Poddar et al. Historical Companion to Postcolonial Literatures—Continental Europe and its Colonies, Edinburgh University Press, Edinburgh, 2008.
  • Cobo, Bernabé, Historia del Nuevo Mundo, bk 12.
  • Colección de documentos inéditos relativos al descubrimiento, conquista y organización de las antiquas posesiónes españoles de Ultramar, ed. Angel de Altolaguirre y Duvale and Adolfo Bonilla y San Martin, 25 vols., Madrid, 1885–1932, vol. 15. In Hemming.
  • Flores-Ochoa, Jorge and Abraham Valencia E., Rebeliones indigenas, quechuas y aymaras : homenaje al bicentenario de la rebelion campesina de Thupa Amaro, 1780-1980, Cuzco, Peru : Centro de Estudios Andinos Cuzco, 1980.
  • Picouto, Millán (2021). Túpac Amaru é o protagonista da obra en tres actos A traxedia de Willkapanpa, inserida na súa obra completa "O macrocosmos". Linteo.