Truman (filme)
Truman é un filme hispano-arxentino de 2015 dirixido por Cesc Gay. No 2015, no 63 Festival Internacional de Cine de Donostia, recibe a Cuncha de Prata ao mellor actor, os protagonistas: Ricardo Darín e Javier Cámara.[1] En febreiro de 2016 recibe cinco premios Goya, entre eles o de Mellor filme, mellor dirección (Cesc Gay), mellor interpretación masculina protagonista (Ricardo Darín) e secundaria (Javier Cámara), mellor guión orixinal (Cesc Gay e Tomás Aragay) e mellor montaxe (Pablo Barbieri).
Truman | |
---|---|
![]() Javier Cámara, un dos protagonistas do filme | |
Ficha técnica | |
Título orixinal | Truman |
Director | Cesc Gay |
Guión | Tomàs Aragay, Cesc Gay |
Intérpretes | Ricardo Darín Javier Cámara Dolores Fonzi Àlex Brendemühl, Javier Gutiérrez Eduard Fernández Elvira Mínguez Silvia Abascal Nathalie Poza José Luis Gómez Gómez Pedro Casablanc Francesc Orella Oriol Pla Ana Gracia Susi Sánchez Àgata Roca |
Música | Nico Cota Toti Soler |
Fotografía | Andreu Rebés |
Montaxe | Pablo Barbieri Carrera |
Estrea | 30 de outubro de 2015 |
Duración | 108 min. |
Orixe | ![]() ![]() |
Xénero | Comedia dramática |
Filme anterior | La isla mínima (2014) |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Enredo
editarO filme trata sobre as vivencias que comparten dous amigos que se atopan cando un deles (Tomás) visita inesperadamente ao outro (Julián). Ambos os dous, mediante o fío condutor do can de Julián ("Truman"), compartirán momentos emotivos e sorprendentes relacionados coa situación complicada que vive este último.
Elenco
editar- Ricardo Darín... Julián
- Javier Cámara ... Tomás
- Dolores Fonzi ... Paula
- Eduard Fernández ... Luis
- Àlex Brendemühl ... Veterinario
- Pedro Casablanc ... Médico
- José Luis Gómez Gómez ... Produtor
- Javier Gutiérrez Álvarez ... Asesor funeraria
- Elvira Mínguez ... Gloria
- Oriol Pla ...Nico
- Nathalie Poza ... Muller 2
- Àgata Roca ... Muller 1
- Susi Sánchez ... Muller Adopción
- Francesc Orella ... Actor Restaurante
- Ana Gracia ... Actriz Restaurante
- Silvia Abascal ... Mónica
Recepción
editarO filme foi recibido con grandes eloxios. Carlos Boyero, na súa crítica de El País, resalta que «aínda que o que narra é tráxico, o director non renuncia a provocarnos o sorriso, ao ton agridoce, a momentos de comedia, ao humor cáustico. O xeito de contar a historia é precisa, suxestiva, elegante, sutil e complexa» [2]. En Fotogramas, califícana como «unha película amábel, que encantará ao público por evitar intelixentemente o dramón, e apostar pola emoción e a tenrura» [3]. LLuis Bonet, de La Vanguardia, afirma que «Truman parecía ter aberta a porta ao drama lacrimóxeno, mais os seus intelixentes toques de comedia converten o riso nun detonante de sentimentos ocultos» [4].
No estranxeiro tamén recibiu críticas positivas. Gran parte da crítica loa tamén as interpretacións de ambos os dous protagonistas. Boyero describiu a interpretación de Darín como «un recital inesquecíbel». Beatriz Martínez, de El Periódico, constata que «Ricardo Darín e Javier Cámara bordan o seu traballo nunha película sutil e afastada do sentimentalismo doado» [5].
Palmarés
editarO filme ten recibido numerosos premios e nomeamentos, nos que salientan:
Categoría | Nomeados | Resultado |
---|---|---|
Mellor filme | Truman | Gañador |
Mellor dirección | Cesc Gay | Gañador |
Mellor interpretación masculina protagonista | Ricardo Darín | Gañador |
Mellor interpretación masculina secundaria | Javier Cámara | Gañador |
Mellor guión orixinal | Cesc Gay Tomás Aragay |
Gañadores |
Mellor montaxe | Pablo Barbieri | Nomeado |
Notas
editar- ↑ El País (26 de setembro de 2015). "Darín y Cámara ganan la Concha de Plata a mejor actor". España. Consultado o 27 de setembro de 2015.
- ↑ Carlos Boyero, El País (20 de setimbro de 2015). "Definitiva y memorable despedida". España.
- ↑ Carlos Loureda, Fotogramas (19 de setembro de 2015). "Truman, un festival interpretativo de Javier Cámara y Ricerdo Darín". España.
- ↑ Lluis Bonet, La Vanguardia (30 de outubro de 2015). "'Truman': Mi perro, yo y el vacío". España.
- ↑ Beatriz Martínez, El Periódico (20 de setembro de 2015). "'Truman' conmueve". España.