José Luis Gómez Gómez

xornalista español

José Luis Gómez Gómez, nado en Brión en 1958, é un xornalista galego.

Modelo:BiografíaJosé Luis Gómez Gómez
Biografía
Nacemento1958 Editar o valor en Wikidata (66/67 anos)
Brión, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Vigo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista Editar o valor en Wikidata
EmpregadorLa Voz de Galicia
Xornal de Galicia
Mundiario (en) Traducir
Universidade da Coruña Editar o valor en Wikidata

Sitio webmundiario.com… Editar o valor en Wikidata
Twitter: J_L_Gomez BNE: XX870453 BUSC: gomez-gomez-jose-luis-1958 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Comezou a traballar en La Voz de Galicia en 1982 como redactor, onde foi ascendendo progresivamente ata converterse no director do xornal de máis tiraxe de Galicia. Durante estes anos especialízase en información económica, onde destaca a súa proximidade a Caixa Galicia: para a súa fundación publica diversos libros e artigos, ao tempo que escribe unha biografía autorizada do seu director xeral José Luis Méndez López.

En 1999 pasa a ser director da división editorial de prensa diaria do Grupo Zeta, e despois accede ao cargo de coordinador de publicacións e comunicación do grupo, de onde é relevado en 2003. No ano da súa saída do Grupo Voz participa na creación de Xornal.com, un pequeno medio electrónico en Galicia, que pasa a dirixir dende o momento en que deixa o Grupo Zeta.

Dende 2005 ata 2008 é tamén director da revista Capital. O xornal electrónico Xornal.com dá orixe a finais de 2008 a Xornal de Galicia, un xornal en papel onde Gómez participa como accionista e como director ata marzo de 2011[1], cando é destituído dous días despois da publicación dunha fotografía de Mariano Rajoy, daquela líder do PP, a bordo dun barco vencellado ao narcotráfico[2].

Durante a súa carreira foi colaborador de diversos medios de prensa (El Correo Gallego, Deia, Diario de León, Diario 16, El País), televisión (Telecinco), ou radio.

  • Manual Básico de Economía en Galego (coordinador).[cando?]
  • Galicia ante la CEE (1983).
  • Economía de las Comunidades Autónomas. Galicia (coautor, 1985).
  • Galicia, Raíz y Horizonte (coautor, 1987).
  • Las 500 primeras empresas de Galicia (coautor, 1992).
  • Estrategias para Galicia (coautor, 1994).
  • José Luis Méndez. La fuerza del líder (1994).
  • A vueltas con España (2005).
  • Estrategias para España (coautor, 2007).
  • Como salir de esta (2013, Actualia Editorial).