Os tronantes son seres da mitoloxía galega relacionados cos nubeiros, que teñen a capacidade de controlar o clima e concretamente os tronos.

Interpretación dun tronante.

Tronantes coñecidos

editar

Facundo é un tronante do que se fala na comarca de Chantada. Cando empeza a tronar di a xente: "Xa esta aquí Facundo, que anda coas zocas polo mundo".[1]

Tío Bernardo, tamén chamado "O Tronador", era tronante da comarca de Melón e cobraba tódolos anos media ola de viño a cada veciño por retirarlle os tronos que esnaquizan as colleitas.[1]

Tío Roque é un tronante da comarca de Rairiz de Veiga, que anda nun carro polas nubes, co que causa o ruído dos tronos.[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 Cuba, Miranda e Reigosa (2022:181).

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar